Wartan HunanianOs armenios de Galicia tiñan como lingua propia o polaco.Tamén Vartan, Vardan; e Hunanyan, Yunanean, Unanean, Unanyan. (en , "Vartan Hunanian"; en ), nado en 1644 en Tokat (Armenia Menor, Imperio Otomán; hoxe Turquía) e finado en maio/xuño de 1715 en Lviv, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Lviv entre 1681 e 1715.

Traxectoria Chegada a Lviv e arcebispo coadxutor Naceu en Tokat en 1644. Chegou a Lviv en 1665 dende Etchmiadzin como diácono, acompañando ao legado do catholicos armenio Xacobe IV. En Lviv estudou no colexio dos teatinos, e en 1670 marchou a estudar a Roma no Colexio Urbaniano, onde doutorouse en Teoloxía e foi ordenado sacerdote.

O 28 de xaneiro de 1675 foi nomeado arcebispo coadxutor de Lviv e arcebispo titular de Epiphania in Syria. Recibiu a ordenación episcopal en Roma o 28 de abril de mans do arcebispo Mikołaj Torosowicz, e volveu a Lviv a finais do ano. Porén, non foi ben recibido alí nin por Torosowicz nin polos fieis, xa que o percibían como un estraño ao non ser orixinario de Polonia, e a colaboración entre os dous bispos foi imposible.

Exilio e cativerio en Armenia O papa Inocencio XI pediu ao rei de Polonia que asegurase a presenza de Hunanian en Lviv, mais o rei non desexaba interferir nos asuntos da comunidade armenia. Por iso, canso de insistir e das discrepancias con Torosowicz, Hunanian deixou Lviv o 5 de xuño de 1677 e marchou a evanxelizar á Armenia persa.

En Armenia reuniuse co catholicos de Etchmiadzin Xacobe IV, favorable á unión coa Igrexa católica. Porén, o seu sucesor Eleazar I era opoñente e, cando logo do pasamento de Torosowicz o 24 de outubro de 1681 Hunanian converteuse en arcebispo de Lviv, o catholicos de Etchmiadzin Eleazar I non lle permitiu volver a Lviv a tomar posesión da súa sé: Hunanian foi detido e encerrado en decembro de 1682, sufrindo torturas na cadea, co propósito de que na súa ausencia os armenios de Lviv rexeitasen a unión coa Santa Sé.

Na súa ausencia, a familia Bernatowicz persuadiu ao monxe basiliano Jan Bernatowicz, a quen Torosowicz nomeara abade en 1676, a tomar a posición de arcebispo. Bernatowicz, home ambicioso e desexoso de progresar na súa carreira, acudiu ao catholicos de Cilicia Isaac I e foi ordenado bispo. Á súa volta, tratou de tomar o poder e botar ao administrador da arquidiocese, Gabriel Zachnowicz, partidario da unión. O seu plan, porén, fracasou.

Liberación e goberno da arquidiocese Ao saber o reitor do colexio armenio de Lviv Francesco Bonesana destes feitos, escribiu á Congregación para a Propagación da Fe. O papa Inocencio XI escribiu ao xa de Persia Suleiman I pedindo a liberación de Hunanian.

Finalmente Hunanian foi liberado por Eleazar I logo dos esforzos diplomáticos do papa Inocencio XI e do rei Xoán III de Polonia. En decembro de 1685 chegou a Alepo, e o 2 de outubro de 1686 chegou a Lviv. Bernatowicz pediulle perdón, e Hunanian levantoulle as penas canónicas impostas polo nuncio Opizio Pallavicini.

Hunanian foi un firme defensor da unión con Roma, e reforzou a xurisdición do arcebispo de Lviv sobre os armenios dos principados de Moldova e Valaquia. Durante o seu pontificado organizou o mosteiro de irmás bieitas armenias de Lviv, e reforzou a disciplina do clero, aceptando só sacerdotes célibes na arquidiocese. Realizou tamén unha reforma litúrxica, que significou na práctica un novo ritual para os católicos armenios de Polonia.

Finou en maio/xuño de 1715, e está enterrado na catedral armenia de Lviv.O Polski słownik biograficzny data a súa morte en maio de 1715.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Archbishop Wartan Hunanian

Categoría:Nados en 1644 Categoría:Nados na provincia de Tokat Categoría:Finados en 1715 Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Arcebispos da Igrexa católica armenia Categoría:Bispos católicos do século XVII Categoría:Bispos católicos do século XVIII Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Urbaniana