El Niño é un filme español dirixido por Daniel Monzón que se estreou no 2014. Está protagonizado polo debutante Jesús Castro, xunto con Luís Tosar, Sergi López Ayats e Bárbara Lennie.

Sinopse Dous mozos, El Niño e El Compi, queren iniciarse no mundo do narcotráfico no estreito de Xibraltar. Risco, emocións e moitos cartos para quen sexa quen de percorrer esa distancia nunha lancha cargada de droga. Jesús e Eva son dous axentes da Policía antidroga que levan anos tratando de demostrar que a ruta do haxix é unha das principais vías de penetración da cocaína en Europa. O seu obxectivo é o Inglés, o home que move os fíos dende Xibraltar, que é a base de operacións.

Personaxes Jesús Castro como El Niño Luís Tosar como Jesús Sergi López Ayats es Vicente Saed Chatiby como Halil Bárbara Lennie como Eva Ian McShane como Inglés Eduard Fernández como Sergio Mariam Bachir como Amina Jesús Carroza como El Compi Moussa Maaskri como Rachid

Premios Mestre Mateo Nos Premios Mestre Mateo de 2014, El Niño estivo nomeado en 3 categorías, mais non colleitou premio en ningunha delas. Ano Categoría Receptor Resultado13ª ediciónMellor filmeDaniel MonzónNomeadoMellor actorLuís TosarNomeadoMellor maquillaxe e peiteadoRaquel F. Fidalgo e Noé MontesNomeados

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do filme

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Daniel Monzón