A lingua carelia (karjala, karjal ou kariela) é unha lingua finobáltica falada polo pobo carelio, que vive maioritariamente na República de Carelia, Rusia. Lingüisticamente, o carelio está relacionado co finés falado na parte leste de Finlandia, e mesmo algúns lingüistas clasifican o carelio como un dialecto do finés. O carelio está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Non hai unha forma estándar da lingua polo que os escritores en carelio escriben segundo a súa propia forma dialectal. As formas escritas que foron desenvolvidas son o carelio do norte, o carelio olonets, o carelio tver e o lúdico. Tódalas variantes, agás o carelio tver, escríbense en alfabeto latino, baseado no alfabeto carelio. O alfabeto cirílico tamén foi usado no pasado.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lingua livvi
Categoría:Linguas urálicas Categoría:Linguas de Finlandia Categoría:Linguas de Rusia