Jazafat Bulhak (en ; en , tr."Yosafat Bulhak"; en ), nado como Ihnaci (en ) o 20 de marzo de 1758 en Belarús, e finado o 25 de febreiro de 1838 en San Petersburgo, foi un eclesiástico grecocatólico belaruso, metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus dende 1818 até o seu pasamento. Traxectoria Ihnaci Bulhak naceu o 20 de marzo de 1758 no condado de Slonim, no Gran Ducado de Lituania (hoxe distrito de Slonim, rexión de Hrodna, Belarús), nunha familia nobre. Entrou nos basilianos, e a partir de 1783 estudou en Roma, doutorándose en Teoloxía e Dereito canónico en 1785.
O 27 de marzo de 1785 foi ordenado sacerdote da Orde de San Basilio Magno. Á súa volta, foi predicador no mosteiro basiliano de Vilnius. En 1786 o bispo Joachim Horbacki solicitou que fose nomeado coadxutor con dereito de sucesión. O 24 de abril de 1787 foi nomeado bispo coadxutor de Pinsk e Turaŭ. Recibiu a consagración episcopal o 26 de setembro de 1790 en Varsovia, de mans do metropolita de Kíiv Teodosii Rostotskyi. O 12 de outubro de 1798 foi nomeado bispo de Volodymyr e Brest.
O 22 de setembro de 1818 foi nomeado metropolita de Kíiv, dirixindo a Igrexa greco-católica nos territorios baixo dominio ruso. En 1827 Iosif Semashko preparou un memorial con propostas para integrar de xeito gradual aos greco-católicos na Igrexa ortodoxa, e ditas medidas foron aprobadas polo emperador Nicolao I. En 1833, logo do pasamento de Yakiv Martushevych, o 17 de abril Bulhak foi nomeado arcebispo de Polack e Viciebsk.
O 25 de maio de 1835 foi estabelecido o Comité Secreto para os Asuntos Uniatas polo ministro de interior Dmitrii Bludov, composto por políticos, bispos ortodoxos, e os propios Bulhak e Semashko, aínda que o primeiro non tivo participación nel. O Comité aprobou medidas adicionais para a integración forzosa dos greco-católicos na Igrexa ortodoxa, como o ensino do catecismo ortodoxo nos seminarios greco-católicos e a subordinación dos seminarios á Comisión de Escolas Teolóxicas do Sínodo da Igrexa ortodoxa rusa.
Finou o 23 de febreiro de 1838 en San Petersburgo. O 3 de marzo de 1838 Semashko asumiu o goberno dos greco-católicos, que foron finalmente integrados na ortodoxia no sínodo de Polack de 1839.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bulhak, Yosafat Ihnatii - Artigo en Internet Encyclopedia of Ukraine
Categoría:Nados en 1758 Categoría:Nados na rexión de Hrodna Categoría:Finados en 1838 Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Bispos católicos de Lituania Categoría:Bispos católicos de Rusia Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Relixiosos católicos de Belarús