O Sorteo Extraordinario do Neno (en castelán: Sorteo Extraordinario del Niño), tamén coñecido como Sorteo ou Lotaría do Neno, é un dos sorteos de lotaría máis populares que se celebra en España. Lévase a cabo cada 6 de xaneiro, coincidindo coa festividade dos Reis Magos, e ten lugar, xeralmente, no salón de sorteos de Loterías y Apuestas del Estado, en Madrid. O primeiro premio recibe o nome de "O Gordo" (aínda que de forma menos popular que no Sorteo de Nadal) e ten un valor de 2 millóns de euros ao billete (200.000 euros por décimo). O período de venda deste sorteo esténdese dende comezos de novembro ata o día previo ao sorteo. É tradición cambiar os décimos premiados co reintegro da Lotaría de Nadal por novos décimos para "o Neno".
O primeiro premio en Galicia Ano Número Vendido en202606.703Zas, As Pontes de García Rodríguez, Ourense, Xinzo de Limia, Monforte de Lemos, Marín e O Porriño202057.342Rianxo 2016 22.654 Ribas de Sil, Quiroga, Pontecesures e A Coruña 2014 76.254 Monforte de Lemos (íntegro) 2007 92.034 Ferrol 1987 04.675 Ourense e Mondoñedo 1986 37.220 Vigo 1976 72.246 Vilagarcía de Arousa (íntegro) 1955 45.551 Lugo
Notas
Véxase tamén Sorteo Extraordinario de Nadal
Categoría:Loterías y Apuestas del Estado Categoría:Nadal