A lingua saami de Kildin (Kiillt saam' kiill ou Кӣллт са̄мь кӣлл en cirílico) é unha lingua urálica falada polo pobo saami na península de Kola, en Rusia. A área coa maior concentración de falantes atópase arredor de Lovozero e segundo datos de 2010 tiña c. 500 falantes.Informe do Ethnologue para o saami de KildinTrátase da lingua saami oriental con maior número de falantes, mais o seu futuro non está asegurado porque o número de persoas que a utilizan de xeito activo é moi reducido. Así e todo conta coa súa propia tradición literaria, salientando a autora Aleksandra Andreevna Antonova. As linguas saamis máis relacionadas co saami de Kildin son o saami de Ter e o saami de Akkala, esta última xa extinta. O saami de Kildin está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Listaxe de vocabulario de saami de Kildin
Categoría:Linguas saamis Categoría:Linguas de Rusia