Melania Pérez Cruz, nada en Lugo o 25 de xullo de 1983, é unha actriz galega de televisión, cinema e teatro.
Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Artes Escénicas en 2022.
Traxectoria Comezou dende nova facendo teatro de xeito afeccionado na súa cidade, e posteriormente obtivo o título en ensinanza superior pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. No 2009 comezou a súa relación coa compañía Escénate con catro espectáculos. No 2010 protagonizou xunto con Josito Porto a obra Ai, Carmela! e no 2013 participou en Los que no pudieron huir de 611 Teatro e máis nunha adaptación de Inventarios de Philippe Minyana baixo a dirección de Cristina Domínguez.
En 2012 fundou xunto a catro compañeiros a compañía ilMaquinario Teatro estreando a súa primeira montaxe, O home almofada (dirixida por Tito Asorey) na que dá vida ao personaxe protagonista, Katurian. En 2014 estrearon Perplexo, espectáculo que consegue cinco Premios María Casares e polo que é nomeada ao premio de mellor actriz protagonista.
No 2014 participou no filme galego A esmorga, dirixido por Ignacio Vilar e no que interpretou o papel da Raxada Entrevista á actriz Melania Cruz por Pilar Comesaña. Zigzag diario. Publicado o 27 de marzo de 2015.. En 2015 traballou como actriz secundaria nas series Urxencia cero e Serramoura.
No ano 2016 gañou o premio María Casares á mellor actriz protagonista pola súa interpretación do personaxe de Lucía en Xardín suspenso, de Abel Neves, dirixida por Cándido Pazó no Centro Dramático Galego Melania Cruz gaña o premio a mellor actriz nos María Casares. Xornal de Lugo. Publicado o 31 de marzo de 2016.. En 2017 traballou nas series Fontealba e Viradeira. En 2018 recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor actriz polo seu papel protagonista en Dhogs, baixo a dirección de Andrés Goteira, e en 2019 gañou outro Mestre Mateo, esta vez o de actriz secundaria, polo seu traballo no filme Trote, ópera prima de Xacio Baño, e en 2021 a mellar actriz protagonista por Ons, de Alfonso Zarauza. En 2020 foi galardoada co Premio Cinema Galego do FICBUEU.
En 2019 interpreta a comisaria Manuela Fortes na serie A estiba, da Televisión de Galicia.
En 2019, fundou xunto a Tito Asorey a compañía A quinta do cuadrante, coa que levaron a escena O empapelado amarelo e gravaron as curtas A farsa das zocas e As mulleres do porvir e a ficción radiofónica La lindona de Galicia. En 2022 Continente María, un espectáculo de teatro contemporáneo para divulgar a figura de María Casares.
Longametraxes A esmorga (Ignacio Vilar, 2014) Sicixia (Ignacio Vilar, 2016) Dhogs (Andrés Goteira, 2017) Trote (Xacio Baño, 2017) Arima (Jaione Camborda, 2019) María Solinha (Ignacio Vilar, 2020) Ons (Alfonso Zarauza, 2020) Qué hicimos mal (Liliana Torres, 2020) El cuarto de Mona (Darío Autrán, 2021) Malencolía (Alfonso Zarauza, 2021) El tirabeque (Darío Autrán, 2022) Os espazos en branco (Bruno Arias, 2022) Xustiza artificial (Simón Casal, 2022) Prefiro Condenarme (Margarita Ledo, 2024) Los tigres (Alberto Rodríguez, 2025) Dos días (Gonzaga Manso, 2026) A nadadora (Sandra Sánchez, 2026) Tralovento (Eloy Domínguez Serenas, 2026) As augas (Ledicia Sola, 2026)
Series Viradeira (TVG, como Maca) Fontealba (TVG, como Marisa) Serramoura (TVG, T3 e T4 como Micaela Morais) Urxencia cero (TVG, como Marta) Contou Rosalía (TVG, como Rosalía) A estiba (TVG, como Manuela Fortes) Operación Marea Negra (Amazon Prime, como Sargento Freitas) T1, T2 e T3 La unidad (Movistar+, como Psicóloga) T2 Now and then (Apple TV, Bambú Producciones) Apagón (Movistar+, como Teresa) Rapa (Portocabo, Movistar+, como Chamorro) T2, T3 Clanes (Vaca Films, Netflix, como Laura) T1, T2, T3 La promesa (Bambú producciones, RTVE 2025, como Ana)
Curtametraxes
Curmán (Alejandro Jato, 2023) Pontevedra, cidade cero (Alfonso Zarauza, 2022) Nido (Alejandro Rodríguez, 2021) Dúas cores (Cris Yáñez, 2020) As mulleres do porvir (Tito Asorey, 2020) A farsa das zocas (Tito Asorey, 2020) Arrolo (Lucía Estévez, 2019) Albedrío (J.S. Raimundi e Álex Vázquez, 2017) Papá llevaba peluca (Chema Montero, 2016) Ao terceiro día (Vicente Pedreira, 2015) El coche rojo (Karla Taveras, 2015) Desde dentro (Samuel Lema, 2015) La falta (Francisco González, 2012) Una mala noche (Fernando Rivero, 2011)
Teatro
As Desterradas (Quico Cadaval, 2025) As Gardiás (Cristina Domínguez, 2024) Anatomía dos lugares da luz (Benxamín Otero, 2024) Continente María (Tito Asorey, 2022) A lúa vai encuberta (Tito Asorey, 2021) Fariña (Tito Asorey, 2021) A lindona de Galicia (Tito Asorey, 2021) Medida por Medida (Quico Cadaval, 2019) O empapelado amarelo (Tito Asorey, 2019) O Tolleito de Inishmaan (Cándido Pazó, 2017) X Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural (Marta Pazos, 2017) Resaca (Tito Asorey, 2017) IX Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural (Tito Asorey, 2016) Xardín Suspenso (Cándido Pazó, 2015) Perplexo (Tito Asorey, 2014) Inventarios (Cristina Domínguez, 2013) Los que no pudieron huír (Javier Hernández- Simón, 2013) O home almofada (Tito Asorey, 2012) A fala das pedras (Ana Carril, 2012) Xeración Nós (Ana Carril, 2011) Ai, Carmela! (Tito Asorey, 2010) Lugo. Ciudad 10 (Ana Carril, 2010) Lugo de Alma Romana (Ana Carril, 2009)
Galardóns e nomeamentos
Premios Mestre Mateo AnoCategoríaFilmeResultado2018Mellor actriz protagonistaDhogsGañadora2019Mellor actriz protagonistaContou RosalíaNomeadaMellor actriz secundariaTroteGañadora2021Mellor actriz protagonistaOnsGañadora2022Mellor actriz protagonistaMalencolíaNomeada
Premios María Casares AnoCategoríaTraballoResultado2016Mellor actriz protagonistaXardín suspensoGañadora2015Mellor actriz protagonistaPerplexoNomeada2017Mellor actriz protagonistaResacaNomeada2021Mellor texto orixinalO empapelado amareloNomeada2023Mellor actriz protagonistaContinente MaríaNomeada
Premios FICBUEU +AnoCategoríaFestival2020Premio Cinema GalegoFICBUEU
Premios da Cultura Galega +AnoCategoría2022Premio en Artes Escénicas
Premio Festival de Cans +AnoCategoría2023Premio Chimpín de Prata Pepe Piume
Premio Lucense do Ano El Progreso +AnoCategoría2023Premio Lucense do Ano
2024: Homenaxe na Semana de Cine de Lugo 2025: Premio Mulleres de Compostela.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Actores de Lugo Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Premios da Cultura Galega Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria