A eparquía de Wrocław-Koszalin (en ) é unha sé da Igrexa católica ucraína sufragánea da arquieparquía de Przemyśl-Varsovia. En 2010 tiña 25.000 bautizados. O seu ordinario dende 1999 é o bispo Włodzimierz Roman Juszczak.
Territorio A eparquía abrangue a Polonia occidental e central, con xurisdición sobre os fieis da Igrexa católica ucraína.
A sé eparquial é a cidade de Wrocław, onde está a catedral dos Santos Vicente e Xacobe.
O territorio está organizado en 7 decanatos e en 39 parroquias.
Historia A eparquía de Wrocław-Gdańsk foi erixida o 1 de xuño de 1996 coa bula Ecclesia catholica do papa Xoán Paulo II, en territorios da arquieparquía de Przemyśl-Varsovia. O 25 de novembro de 2020 cedeu territorio para a creación da eparquía de Olsztyn–Gdańsk e foi renomeada como eparquía de Wrocław-Koszalin.
Episcopoloxio Teodor Majkowicz (1 de xuño de 1996 - 9 de maio de 1998, finado) Włodzimierz Roman Juszczak (24 de abril de 1999 - actualidade)
Categoría:Divisións territoriais católicas en Polonia Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Eparquías católicas