Higinio Víctor Ameijeiras Varela, nado en Ferrol, foi un xornalista galego.
Traxectoria
Inspector xeral do Norte de La Ganadera Española. Masón. Presidente do Grupo esperantista do Barco de Valdeorras (1906) e posteriormente secretario do de Ourense. Creou a festa dos nenos pobres nos Reis de 1907, revitalizou a Festa dos Maios convocando un concurso en 1909, e dirixiu Ecos de Orense (1910-1911). Foi o principal promotor das Festas do Corpus, a través da Liga de Amigos. Foi presidente da Irmandade da Fala de Ourense e o primeiro director de O Tio Marcos d'a Portela, cesando como director en xuño de 1917.El Progreso, 16-6-1917, p. 3. En 1918 participou en mitins rexionalistas con Otero Pedrayo, Arturo Noguerol e Antón Losada Diéguez.El Correo de Galicia, 22-1-1918, p. 2. Obras Publicou en 1917, na imprenta-papelería de La Región, o parrafeo cómico-costumista De Conversa. Foi estreada por Toxos e Froles no Salón Apolo de Ourense o 8 de xuño dese ano.Tato Fontaíña, Laura; O teatro galego e os coros populares (1915-1931)
Vida persoal Casou na Coruña con Adela Ferrer Lacaba en 1902.
Notas
Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes