Marcus Osmond Smart, nado o 6 de marzo de 1994 en Flower Mound, Texas, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, Smart foi seleccionado na 6ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Boston Celtics. O 5 de xullo de 2014, uniuse ós Celtics para Liga de Verán da NBA de 2014. O 10 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Celtics.
No seu quinto partido na NBA, o 7 de novembro de 2014, Smart mancouse no seu nocello esquerdo na vitoria dos Celtics por 101-98 contra os Indiana Pacers. Tras perderse dez partidos pola lesión, Smart volveu a xogar o 3 de decembro contra os Detroit Pistons, facendo dúas asistencias en tan só catro minutos de xogo na vitoria de Boston por 109-102. Ó día seguinte, foi asignado ós Maine Red Claws da NBA Development League. Foi chamado de volta ó día seguinte.
O 22 de xuño de 2023, os Celtics traspasaron a Smart ós Memphis Grizzlies, como parte dun traspaso entre tres equipos que mandou a Kristaps Porziņģis ós Boston Celtics e a Tyus Jones, Danilo Gallinari, Mike Muscala e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 dos Celtics ós Washington Wizards.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Texas Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies