A diocese de Viciebsk é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragánea da arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ. En 2010 tiña 170.000 bautizados sobre unha poboación total de 1 448 000 habitantes. Dende 2013, o seu bispo é Alieh Butkievič.
Territorio A diocese abrangue a rexión de Viciebsk, na parte norteoriental de Belarús. Limita ao leste coa arquidiocese de Moscova, ao noroeste coa diocese de Rēzekne-Aglona, ao oeste coa arquidiocese de Vilnius e coa diocese de Jelgava, e ao sur coa arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ.
A sé episcopal é a cidade de Viciebsk, onde está a catedral do Xesús Misericordioso.
O territorio está organizado en 9 vigairías e en 140 parroquias.
Historia A diocese foi erixida o 13 de outubro de 1999 coa constitución apostólica Ad aptius consulendum do papa Xoán Paulo II, en territorios da arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ.
Episcopoloxio Władysław Blin (13 de outubro de 1999 - 25 de febreiro de 2013, retirado) Alieh Butkievič (29 de novembro de 2013 - actualidade) Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Categoría:Divisións territoriais católicas en Belarús Categoría:Dioceses da Igrexa católica latina