Agustín de Spínola Basadone, tamén coñecido como Agostino SpínolaFicha en catholic-hierarchy.org ., nado en Xénova en 1597 e finado en Sevilla o 12 de febreiro de 1649, foi un eclesiástico italiano e home de estado ao servizo de Filipe IV.
Traxectoria Segundo fillo de Ambrosio Spínola, foi educado en España, onde na súa infancia serviu como meniño da raíña Margarida de Austria. Estudou na Universidade de Salamanca e na de Alcalá.Diego Ortiz de Zúñiga: Anales eclesiásticos y seculares de la muy noble y muy leal ciudad de Sevilla, vol. IV, págs. 383-386.
Creado cardeal de San Cosme e San Damián en 1621, bispo de Tortosa dous anos despois, camarlengo do Colexio Cardinalicio en 1632, arcebispo de Granada, de Santiago de Compostela, conselleiro de estado desde 1638,Francisco Xavier de Garma y Durán: Theatro universal de España: descripcion eclesiastica y secular de todos sus reynos y provincias, vol. IV, pág. 104. gobernador de Galicia durante un breve período en 1643 e arcebispo de Sevilla.Salvador Miranda: The cardinals of the Holy Roman Church .
Notas
Categoría:Nados en Xénova Categoría:Nados en 1597 Categoría:Finados en 1649 Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Cardeais de España Spínola Categoría:Cardeais creados por Paulo V Categoría:Arcebispos católicos de Italia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina