miniatura|Dous exemplos de bisarmas do século XV. A bisarma é unha arma de hasta de orixe medieval, que ten un lado en forma de fouce e outro en forma de punta para ferir, de modo similar a unha lanza ou un chuzo.
Foi de uso popular en Galiza, tanto como arma ofensiva en tempos de conflito bélico como arma defensiva contra asaltadores nos camiños ou animais salvaxes, en tempos de paz.
Orixe do nome A orixe parece ser a palabra xermana wisarme, directamente ou ben a través da adaptación francesa guisarme.
Mencións na literatura O seu uso xeneralizado noutros tempos, especialmente até o século XIX, deixou unha pegada importante en textos literarios e nas crónicas históricas.Mencións ás bisarmas en textos no Tesouro Informatizado da Lingua Galega. É mencionada especialmente como unha das armas utilizadas na "francesada",Solla, Carlos (17/6/2012). "Ecos da francesada en Terra de Montes" Faro de Vigo. Artigo sobre a francesada, onde se citan textos da época: os ferreiros da comarca recibiron ordes de "preparar fouces e formar chuzos e outras bisarmas"] a guerra en que o pobo galego contendeu contra as tropas de Napoleón até a súa expulsión do reino. Notas
Véxase tamén Outros artigos Alabarda Lanza Chuzo Machada
Ligazóns externas Páxina onde se describe a bisarma como "arma de hasta"
Categoría:Armas brancas