Darris Love, nado nos Ánxeles o 26 de abril de 1980, é un actor estadounidense. É coñecido por interpretar a Raymond 'Ray' Alvarado na serie de Nickelodeon The Secret World of Alex Mack. Dende o remate da serie en 1998, fixo aparicións en episodios de series como Angel, ER, CSI: Crime Scene Investigation, Without a Trace e Undressed. Tamén aparece nos vídeos musicais "It's Not Fair" do cantante Glenn Lewis, "All For You" de Janet Jackson e "How to Love" de Lil Wayne (2011)
Entre os filmes nos que actuou destacan Gang Tapes (2001), Sucker Free City (2004) e Janky Promoters (2009).
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados nos Ánxeles