Joaquín León Milans del Bosch y Carrió, nado en Barcelona o 6 de xuño de 1854Azcárraga y Gutiérrez de Caviedes (1929), p. 418 e finado en Madrid o 1 de setembro de 1936,http://es.scribd.com/doc/113104709/Milans#scribd foi un militar español. Con Joaquín, culminou a orientación ideolóxica da familia Milans del Bosch. Tradicionalmente foran militares liberais, pero durante o século XX aliñáronse cos sectores máis reaccionarios.

Traxectoria

Primeiros anos Orfo de pai aos tres anos, creceu baixo a protección do seu tío Lorenzo. Ingresou moi novo na arma de Cabalería e viviu a restauración borbónica, abrazando a causa afonsina. Loitou na Terceira guerra carlista, en Melilla (1893) e en Filipinas (1897-1898), onde coincidiu con Miguel Primo de Rivera, o futuro ditador. Trala firma do pacto de Biak-na-Bató regresou á península, onde, logo de ocupar algúns destinos militares e diplomáticos, foi nomeado axudante do rei Afonso XIII e Xentilhome de cámara con exercicio. Moi ligado sempre ao monarca, tivo posteriormente destinos en Madrid e Marrocos, onde foi ascendido a tenente xeneral.

Capitán Xeneral de Cataluña Tralo fin da Primeira guerra mundial (1918), foi nomeado capitán xeneral de Cataluña. A situación do territorio era entón moi tensa debido á crise económica que provocou o cesamento de exportacións aos países en guerra, e ás subidas de prezos. O obreirismo, liderado pola Confederación Nacional do Traballo (CNT) organizouse e loitaba contra os pistoleiros da patronal.

Ignorando as ordes do goberno Joaquín Milans do Bosch púxose á beira dos patróns e aplicou métodos militares na represión dos conflitos sociais, á vez que os pistoleiros patronais actuaban con total impunidade. Para reprimir a folga da Canadiense, ata chegou a autorizar a creación dun somatén, pagado polos patróns, que puxo ao servizo do xeneral Martínez Anido, gobernador militar de Barcelona. Milans do Bosch sentíase apoiado polas clases altas da sociedade catalá, e ata que non chegaron ordes directas do rei Afonso XIII, empuxado polas Cortes, non dimitiu (1920). De feito, foi invitado a cerimonias e vodas da aristocracia barcelonesa. O rei, para recompensar a súa obediencia e os seus anos de servizo, nomeouno xefe da Casa Militar da Casa Real.miniatura|1928 derrubamento das catro columnas de Montjuic, símbolo do catalanismo actualmente recuperadas.

Gobernador civil de Barcelona Tras deixar a xefatura da Casa Militar do rei en xuño de 1924 por pasar á reserva, tres meses despois foi chamado polo seu amigo Miguel Primo de Rivera para ser gobernador civil de Barcelona (1924-1929).

Conxuntamente co ministro de Gobernación e o capitán xeneral de Cataluña, levou a cabo unha intensa campaña anticatalanista. Clausurou o campo do Fútbol Club Barcelona e o Orfeón Catalán (1925), prohibiu entidades excursionistas e culturais e suspendeu e multou a diarios e revistas. Trala caída do ditador foi destituído, retirándose a Madrid. Entre outubro de 1927 e febreiro de 1930 fora membro da Asemblea Nacional Consultiva, "por dereito propio", isto é, por designación directa do ditador.

Trala sublevación militar do 18 de xullo de 1936, que deu orixe á Guerra civil, Joaquín Milans do Bosch non quixo abandonar Madrid, aínda habendo ter a ocasión de refuxiarse na embaixada de Turquía, ao estar o seu fillo Mariano detido. O 31 de agosto foi detido por milicianos, sendo fusilado sen xuízo algún nas tapias do cemiterio do Leste ao día seguinte.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Nados en 1854 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Finados en 1936 Categoría:Capitáns Xenerais de Cataluña Categoría:Militares de Cataluña Categoría:Asasinados polo bando republicano Categoría:Fusilados Categoría:Gobernadores civís de Barcelona Categoría:Membros da Asemblea Nacional Consultiva