Enoch Lewis "Nucky" Johnson, nado en Galloway Township (Nova Jersey) o 20 de xaneiro de 1883 e finado en Northfield o 9 de decembro de 1968, foi un político e mafioso estadounidense de Atlantic City.

Traxectoria Dende a década de 1910 até o seu encarceramento en 1941 tras ser declarado culpable por evasión de impostos, foi o principal promotor do clientelismo político relacionado co Partido Republicano que controlaba a cidade e mais o goberno do condado. Utilizou a súa posición política, primeiro como shériff e logo como tesoureiro do condado en beneficio propio; o seu ascenso ao poder cadrou coa máxima popularidade para Atlantic City ao ser erixir nun oasis á marxe da prohibición de alcohol a partir da aprobación da chamada lei seca; a súa organización tamén estivo involucrada no contrabando, os casinos e a prostitución.

En 2010 Martin Scorsese e Terence Winter levaron á televisión unha versión ficticia deste home, Nucky Thompson, como protagonista da serie Broadwalk empire, baseada no libro homónimo do xuíz Nelson Johnson. A serie produciuna HBO. O actor que desenvolve o papel de Nucky Thompson/Johnson é Steve Buscemi.

Véxase tamén Ligazóns externas The American "Mafia": Who was who ? - Enoch L. Johnson TIME.com: Atlantic City, New Jersey: Boardwalk Of Broken Dreams Rare photo of Nucky Johnson from the National Archives and Atlantic County Historical Society

Categoría:Mafia Categoría:Políticos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Nados en Nova Jersey