José Tresguerras Melo, nado en Verín o 15 de agosto de 1846 e finado en Santa Cruz de TenerifeEl Eco de Galicia , 30-6-1893, p. 6. o 8 de abril de 1893, foi un escritor galego. Traxectoria Foi axente do Banco de España nas Canarias, onde casou e instalouse en Santa María de Guía de Gran Canaria. Publicou varios poemas en galego en El Heraldo Gallego e colaborou en El Domingo e Galicia Literaria. É autor de Sueños y realidades. Esbozos poéticos, un libro bilingüe aparecido en Madrid en 1880.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1893 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público