Para o premio ao campión da American Hockey League vexa Calder Cup
miniatura|O Calder Memorial Trophy. O Calder Memorial Trophy é un trofeo anual outorgado "ao xogador seleccionado como o máis competente no seu primeiro ano de competición na National Hockey League". Servindo como premio ao Novato do Ano na NHL, esta versión do trofeo entrégase dende a súa creación na tempada 1936-1937 da NHL. A votación lévase a cabo por membros da Professional Hockey Writers' Association ao final da liga regular para determinar o gañador.
Historía miniatura|esquerda|O presidente da NHL Red Dutton presenta o Calder Memorial Trophy a Gus Bodnar en 1944. O trofeo recibe o seu nome en honor a Frank Calder, o antigo Presidente da National Hockey League (NHL) dende a súa creación en 1917 ata a súa morte en 1943. Aínda que o premio de Rookie of the Year (Novato do Ano) é entregado dende a tempada 1932-33, o Calder Trophy foi presentado por primeira vez ao final da tempada 1936-37. Despois da morte de Calder en 1943, o trofeo foi renomeado como Calder Memorial Trophy.
En 1990, Sergei Makarov, dos Calgary Flames, converteuse no xogador máis vello, con 31 anos, en gañar o Calder, malia ter xogado para o equipo "non oficialmente" profesional do HC CSKA Moscova (o equipo do "Exército Vermello") na Unión Soviética. Logo desta tempada, as condicións para conceder o Calder foron modificadas para que só puideran ser elixidos xogadores menores de 26 anos o 15 de setembro na súa tempada como rookies.
Para ser elixible para o premio, un xogador non pode ter xogado máis de 25 partidos con anterioridade nunha soa tempada, nin ter xogado en máis de seis partidos en cada unha das dúas tempadas anteriores en algunha liga profesional maior. "O último feito foi quizais máis importante cando, na tempada 1979-80, o fenómeno de primeiro ano Wayne Gretzky non foi elixible para gañar o Calder Trophy a pesar de ter conseguido 137 puntos (o récord para un novato ata aquela era de 95 puntos), porque xa xogara unha tempada completa na World Hockey Association. En 1991, o porteiro Ed Belfour gañou o Calder tendo aparecido en 32 partidos cos Chicago Blackhawks entre as tempadas 1988–89 e 1989–90. Belfour foi elixible para o premio porque 9 deses partidos tiveron lugar durante os play-offs da Stanley Cup en 1990, e os outros 23 partidos tiveron lugar durante a tempada 1988-89. Os nove partidos dos play-offs e 33 partidos xogados coa selección masculina de hóckey sobre xeo do Canadá non contaron para os requisitos de elixibilidade da liga regular. Na tempada 2010-11, Logan Couture foi elixible para o Calder Trophy a pesar de ter xogado en 40 partidos previos (25 na liga regular e 15 nos play-offs, todos na tempada 2009-10), mentres que Alex Pietrangelo non foi elixible a pesar de ter xogado só 17 partidos previos (8 na tempada 2008-09 e 9 na 2009–10, ambas veces enviado de novo a júniors).
O premio ten sido gañado a maioría das veces por rookies dos Toronto Maple Leafs, que o gañaron en nove ocasións.
A votación é realizada ao final da liga regular por membros da Professional Hockey Writers Association, e cada votante individual clasifica aos seus cinco mellores xogadores segundo un sistema que outorga 10–7–5–3–1 puntos. Finalmente nomínanse tres finalistas e o trofeo é entregado durante a cerimonia dos NHL Awards logo da finalización dos play-offs.
Gañadores dereita|170px|miniatura|Eric Vail, gañador en 1975. dereita|170px|miniatura|Mario Lemieux, gañador en 1985. dereita|170px|miniatura|Luc Robitaille, gañador en 1987. dereita|170px|miniatura|Pavel Bure, gañador en 1992. dereita|170px|miniatura|Martin Brodeur, gañador en 1994. dereita|170px|miniatura|Daniel Alfredsson, gañador en 1996. dereita|170px|miniatura|Alexander Ovechkin, gañador en 2006. dereita|170px|miniatura|Gabriel Landeskog, gañador en 2012.
+Lenda C Centro LW Extremo Esquerdo D Defensa RW Extremo Dereito G Porteiro
<onlyinclude> TempadaGañadorEquipoPosiciónIdade 1932–33 Detroit Red Wings C 25 1933–34 Montreal Maroons C 25 1934–35 New York Americans LW 22 1935–36 Chicago Black Hawks G 23 1936–37 Toronto Maple Leafs C 21 1937–38 Chicago Black Hawks C 24 1938–39 Boston Bruins G 24 1939–40 New York Rangers LW 25 1940–41 Montreal Canadiens C 19 1941–42 New York Rangers RW 19 1942–43 Toronto Maple Leafs RW 19 1943–44 Toronto Maple Leafs C 20 1944–45 Toronto Maple Leafs G 25 1945–46 New York Rangers C 25 1946–47 Toronto Maple Leafs RW 21 1947–48 Detroit Red Wings C 27 1948–49 New York Rangers RW 22 1949–50 Boston Bruins G 24 1950–51 Detroit Red Wings G 20 1951–52 Montreal Canadiens RW 20 1952–53 New York Rangers G 23 1953–54 New York Rangers C 20 1954–55 Chicago Black Hawks RW 22 1955–56 Detroit Red Wings G 23 1956–57 Boston Bruins RW 26 1957–58 Toronto Maple Leafs LW 19 1958–59 Montreal Canadiens C 20 1959–60 Chicago Black Hawks C 23 1960–61 Toronto Maple Leafs C 20 1961–62 Montreal Canadiens RW 21 1962–63 Toronto Maple Leafs D 26 1963–64 Montreal Canadiens D 21 1964–65 Detroit Red Wings G 22 1965–66 Toronto Maple Leafs LW 20 1966–67 Boston Bruins D 18 1967–68 Boston Bruins C 21 1968–69 Minnesota North Stars RW 23 1969–70 Chicago Black Hawks G 26 1970–71 Buffalo Sabres C 19 1971–72 Montreal Canadiens G 24 1972–73 New York Rangers LW 21 1973–74 New York Islanders D 19 1974–75 Atlanta Flames LW 20 1975–76 New York Islanders C 19 1976–77 Atlanta Flames RW 21 1977–78 New York Islanders RW 20 1978–79 Minnesota North Stars C 20 1979–80 Boston Bruins D 19 1980–81 Quebec Nordiques C 24 1981–82 Winnipeg Jets C 18 1982–83 Chicago Black Hawks RW 21 1983–84 Buffalo Sabres G 18 1984–85 Pittsburgh Penguins C 19 1985–86 Calgary Flames D 21 1986–87 Los Angeles Kings LW 20 1987–88 Calgary Flames C 21 1988–89 New York Rangers D 20 1989–90 Calgary Flames RW 31 1990–91 Chicago Blackhawks G 25 1991–92 Vancouver Canucks RW 20 1992–93 Winnipeg Jets RW 22 1993–94 New Jersey Devils G 21 1994–95 Quebec Nordiques C 21 1995–96 Ottawa Senators RW 22 1996–97 New York Islanders D 19 1997–98 Boston Bruins LW 19 1998–99 Colorado Avalanche C 22 1999–2000 New Jersey Devils C 19 2000–01 San Jose Sharks G 25 2001–02 Atlanta Thrashers RW 20 2002–03 St. Louis Blues D 21 2003–04 Boston Bruins G 23 2004–05 - - - 2005–06 Washington Capitals LW 20 2006–07 Pittsburgh Penguins C 20 2007–08 Chicago Blackhawks RW 19 2008–09 Columbus Blue Jackets G 21 2009–10 Buffalo Sabres D 20 2010–11 Carolina Hurricanes C 18 2011–12 Colorado Avalanche LW 19 2012–13 Florida Panthers C 19 2013–14 Colorado Avalanche C 18
Clasificacións + Xogadores por nacionalidade Nacionalidade Nº de xogadores 1. 57 2. 11 3. 6 4. 3 5. 2 6. 1 1+ Xogadores por posición Posición Nº de xogadores 1. Centro (C) 27 2. Extremo Dereito (RW) 18 3. Porteiro (G) 16 4. Defensa (D) 10 Extremo Esquerdo (LW) 10+ Xogadores por idade Idade Nº de xogadores 18 anos 2 19 anos 11 20 anos 13 21 anos 21 22 anos 6 23 anos 7 24 anos 7 25 anos 4 26 anos ou máis 10
+ Xogadores por equipo Equipo Nº de xogadores 1. Toronto Maple Leafs 9 2. Chicago Blackhawks 8 New York Rangers 8 Boston Bruins 8 5. Montreal Canadiens 6 6. Detroit Red Wings 5 7. New York Islanders 4 8. Buffalo Sabres 3 Calgary Flames 3
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de premios da National Hockey League
Ligazóns externas Historia do Calder Trophy en NHL.com Calder Trophy en Legends of Hockey.net
Categoría:Trofeos e premios da National Hockey League