A Autovía do Suroeste ou A-5, antigamente coñecida como Autovía de Estremadura, é unha das seis autovías radiais de España e comunica Madrid con Estremadura pasando por Castela-A Mancha. É parte da E-90 da Rede de Estradas Europeas.
A vía comeza á altura da M-30 en Madrid e toma dirección suroeste ata chegar a Navalmoral de la Mata, na provincia de Cáceres. A partir de aí diríxese cara ao sur ata Mérida. Dende Mérida ata a fronteira portuguesa nas proximidades de Badaxoz toma unha dirección oeste.
Ten enlaces ou pasa preto das seguintes poboacións: Alcorcón, Móstoles, Navalcarnero, Valmojado, Santa Cruz del Retamar, Talavera de la Reina, Navalmoral de la Mata, Trujillo, Miajadas, Mérida e Badaxoz, enlazando na fronteira coa portuguesa A-6 a Lisboa.
Véxase tamén Outros artigos Lista de autoestradas e autovías de España N-V
A-05