O Tratado de Amizade e Non Agresión Luso-Español, máis coñecido como Pacto Ibérico, foi un acordo firmado en febreiro de 1942 por España e Portugal. O tratado, que permaneceu en vigor até 1978, foi rubricado por Francisco Franco e António de Oliveira Salazar. Acordaba a non agresión entre ambos os dous estados, e deu orixe ao Bloque Ibérico.

Precedentes A orixe inmediata do acordo é un tratado de amizade e non agresión asinado en Lisboa o 18 de marzo de 1939 (cando aínda non rematara a guerra civil española) por Salazar e Nicolás Franco, por entón embaixador en Portugal do goberno franquista. Nese momento había un contexto de clara inestabilidade nacional e internacional para ambos países, coa inminencia da segunda guerra mundial e a situación de crise en PortugalDE LA TORRE GÓMEZ, H. (1998): España y Portugal. Siglos IX-XX. Vivencias históricas, 1ª Edición, Madrid: Editorial Síntesis. Páx. 273-288.. A Segunda República Española rexeitou o réxime do Estado Novo de Salazar, polo que este prestou apoio ás tropas sublevadas no Alzamento Nacional como medio para eliminar un inimigo directo..

O acordo O Pacto Ibérico tiña un carácter fundamentalmente militar e territorial. Nel proclamábase a aceptación por parte de lusos e españois das fronteras existentes co propósito de pacificar a península, non só evitando un conflito directo entre España e Portugal, senón asegurando a negación de apoio a unha terceira potencia en caso de agresión a un destes países.RODRÍGUEZ, R. Geopolítica crítica: el Pacto Ibérico de 1939. Procurábase tamén a neutralidade na segunda guerra mundial, pois a situación de ambos os dous países era nefasta de por si e non poderían soportar entrar no conflito. bélicoDE LA TORRE GÓMEZ, H. y SÁNCHEZ CERVELLÓ, J. (1992): Portugal en el siglo XX, 1ª Edición, Madrid: Editorial Istmo. Páx. 19-58 e 221-259.

Amais destes intereses xerais cada potencia buscaba acordos concretos. Así, dunha banda Portugal desexaba manter as súas colonias en África, e por tanto disipar calquera tipo de futura pretensión imperialista española. Por outra banda, España quería asegurarse que non houbese ningún apoio aos republicanos, e tratar de substituír Gran Bretaña no papel de influencia que esta exercía sobre Portugal.

Consecuencias O acordo mantívose durante todo o franquismo e o salazarismo, pois era favorable estratexicamente para ambos réximesVV. AA. (1987): Nova História de Portugal XII: Portugal e o Estado Novo (1930-1960), 1ª Edición, Lisboa: Editorial Presença. Páx. 86-143. Porén, en 1978, trala instauración de réximes democráticos en ambos os dous países, substituíuse por outro tratado de cooperación e amizade, pero xa carente do enfoque militar que tiña o acordo orixinal.

Notas

Véxase tamén Bibliografía ARQUIVO HISTÓRICO DIPLOMÁTICO DO MINISTÉRIO DOS NEGÓCIOS ESTRANGEIROS. Pso. 2, Arm. 48, Maço 269. Relaçoes políticas com a Espanha. 1938-1953. Lisboa. MORADIELLOS, Enrique (1995): "España y la Segunda Guerra Mundial", en Memoria de la Segunda Guerra Mundial. Madrid. El País. Páx. 52-83. RODRÍGUEZ, R. (2005): "Geopolítica crítica: el Pacto Ibérico de 1939". En Geo Crítica / Scripta Nova. Revista electrónica de geografía y ciencias sociales. Barcelona: Universidad de Barcelona, 1 de outubro de 2005, vol. IX, núm. 198. <http://www.ub.es/geocrit/sn/sn-198.htm> [ISSN: 1138-9788]

Categoría:Historia de Portugal Categoría:Historia de España Categoría:1942 Categoría:Segunda guerra mundial Categoría:Tratados internacionais Categoría:Franquismo