260px|miniatura|Stryi. Yosafat Kotsylovskyi. O Beato Yosafat Kotsylovskyi (en ), nado como Yosyf (en ) o 3 de marzo de 1876 en Pakoszówka (Reino de Galicia e Lodomeria) e finado o 17 de novembro de 1947 nun campo de concentración preto de Kíiv, foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok dende 1917 até a súa morte. Foi beatificado por Xoán Paulo II en 2001. Traxectoria Naceu en Pakoszówka, unha aldea do concello de Sanok, en Lemkivshchyna, rexión habitada polo pobo lemko. Era fillo de Petro e Kateryna: o seu pai combinou a agricultura coa participación na vida política como deputado na Dieta de Galicia e Lodomeria; a súa nai, de apelido de solteira "Kosar", era filla dun sacerdote greco-católico, e educou piadosamente aos seus fillos.
En 1896 ingresou na Universidade de Lviv para estudar leis, mais decepcionado coa situación política abandonou os estudos. Baixo a influencia do bispo Przemyśl Kostiantyn Chekhovych marchou a estudar Filosofía e Teoloxía a Roma. O 9 de outubro de 1907 foi ordenado sacerdote. Logo de ser ordenado sacerdote, foi profesor de teoloxía no seminario de Stanislaviv, onde ao pouco tempo foi nomeado vicerreitor.
O 2 de outubro de 1911 fixo a profesión na Orde de San Basilio Magno. O 8 de novembro de 1916 foi elixido bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok, sendo confirmado pola Santa Sé o 29 de xaneiro de 1917. Recibiu a consagración episcopal o 23 de setembro, de mans do metropolita de Galicia Andrei Sheptytskyi.
Co estoupido da segunda guerra mundial o territorio da súa diocese foi ocupada de xeito sucesivo pola URSS e polo III Reich. En 1939, co pacto Ribbentrop-Molotov, os soviéticos anexionáronse Ucraína Occidental, e Kotsylovskyi estivo baixo vixilancia. Posteriormente, coa ocupación alemá, foi investigado e interrogado pola Gestapo por agochar xudeus na diocese.
Despois da guerra tratou de resistir a presión comunista contra a Igrexa. O 10 de setembro de 1945 o bispo enviou dous comunicados ás embaixadas dos E.U.A. e do Reino Unido tratando sobre a natureza da invasión, a represión, e as violacións de dereitos humanos, e pedindo axuda.
Finou nun campo de concentración soviético preto de Lviv o 17 de novembro de 1947.
Culto O papa Xoán Paulo II beatificouno o 27 de xuño de 2001 na súa visita pastoral a Ucraína, xunto a Mykolai Charnetskyi e compañeiros mártires.Os outros mártires da Igrexa Católica Ucraína beatificados canda el foron: os bispos Hryhorii Khomyshyn, Symeon Lukach, Vasyl Velychkovskyi, Ivan Sleziuk, Nykyta Budka e Hryhorii Lakota; os presbíteros Mykola Konrad, Andrii Ishchak, Roman Lysko, Mykola Tsehelskyi, Petro Verhun e Oleksii Zarytskyi; os relixiosos Yakym Senkivskyi, Severiian Baranyk, Zenon Kovalyk, Vitalii Bairak e Ivan Ziatyk; as relixiosas Tarsykiia Matskiv, Olimpiia Bida e Lavrentiia Harasymiv; e o laico Volodymyr Pryima. Tamén foron beatificados os bispos grecocatólicos rusos Leonid Fedorov e Klymentii Sheptytskyi; e o bispo ruteno Teodor Romzha. A súa festa celébrase o 17 de novembro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Nados en 1876 Categoría:Nados no condado de Sanok Categoría:Finados en 1947 Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Beatos do catolicismo Categoría:Relixiosos católicos de Polonia Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Finados en campos de traballo do Gulag