Bojnice (en húngaro Bajmóc, en alemán Weinitz) é unha vila histórica sita no centro de Eslovaquia ao norte do río Nitra, preto de Prievidza. No ano 2013 tiña unha poboación de 4.921 habitantes. Bojnice é unha vila principalmente coñecida polas súas atraccións turísticas. Posúe o parque zoolóxico máis antigo do país e tamén un dos spa máis antigos de Eslovaquia. A vila está situada baixo o castelo de Bojnice, que foi construído con rochas de travertino no século XII.
Xeografía Bojnice linda ao norte co val do río Nitra, baixo os montes Strážov. Sitúase a 4 km da cidade de Prievidza, coa que comparte o sistema de transporte público. Outras cidades próximas son Žilina (a 60 km ao norte) e Trenčín (a 65 km ao oeste).
Demografía Segundo o censo de 2001, a vila tiña 5.006 habitantes, dos que o 97,06% eran eslovacos, o 0,68% checos e o 0,24% alemáns. O 74,55% eran católicos, o 19% non tiña afiliación relixiosa e o 2% luteranos.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial de Bojnice
Categoría:Cidades de Eslovaquia