El Valle é unha bisbarra natural resgardada polas serras de Cebollera, Tabanera e Carcaña, situada no norte da provincia de Soria, Castela e León (España) e formada polos seguintes municipios: Rebollar, Rollamienta, Sotillo del Rincón, Valdeavellano de Tera e Villar del Ala. Tamén se incluíron nesta bisbarra os municipios de Almarza, La Póveda de Soria e El Royo. A cabeza de bisbarra tradicionalmente foi Valdeavellano de Tera.

Polo territorio discorren os ríos Tera, Razoncillo e Razón.

Limita ao Norte con Cameros, ao Sur coa bisbarra de Soria e o Campo de Gómara, ao Leste con Tierras Altas e ao Oeste con Pinares.

É coñecida popularmente como a Pequena Suíza Soriana polo seu verdor. Dela é orixinaria a manteiga con denominación de orixe "Manteiga de Soria".

Demografía Concello Poboación Superficie Pedanías Almarza 663 101,13 Cubo de la Sierra, Espejo de Tera, Gallinero, Portelárbol, San Andrés de Soria, Segoviela, Sepúlveda de la Sierra, Tera e Matute de la Sierra La Póveda de Soria 118 64,3 Arguijo e Barriomartín Rebollar 44 10,38 Rollamienta 42 18,62 El Royo 331 126,06 Derroñadas, Hinojosa de la Sierra, Langosto e Vilviestre de los Nabos Sotillo del Rincón 220 60,54 Aldehuela del Rincón e Molinos de Razón Valdeavellano de Tera 220 19,46 Villar del Ala 58 11,7

Categoría:Comarcas de Castela e León Categoría:Provincia de Soria