Miguel García Camba, finado en Pontevedra o 30 de outubro de 1892Gaceta de Galicia, 2-11-1892, p. 2., foi un maxistrado e político galego.

Traxectoria Foi xuíz en Ourense. Membro do Partido Progresista, foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Ourense nas eleccións de 1843. Foi director de El Progreso Constitucional en 1865La Correspondencia de España, 25-1-1865, p. 2.. Durante o Sexenio Democrático presentouse a deputado polo distrito de Becerreá nas eleccións de 1871 pero foi derrotado por Manuel Becerra Bermúdez. Na Restauración foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Becerreá nas eleccións de 1876. Formou parte da comisión organizadora da Sociedade Económica de Amigos do País de Pontevedra en 1887. Foi cabaleiro de Santiago.

Vida persoal Casou con Teresa Valle Castro, que faleceu en 1883.

Notas

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Finados en 1892 Categoría:Nados en ano descoñecido