España foi un dos países que debutou no Festival de Eurovisión Júnior 2003, e é o que mellor percorrido e posicións levou no certame, obtendo unha vitoria en 2004 coa artista María Isabel e a súa canción Antes muerta que sencilla, dous segundos postos e un cuarto posto como posición máis baixa. A pesar dos seus bos resultados, a RTVE decidiu en 2007 non volver participar no certame porque, segundo Javier Pons, ex-director de RTVE, "fomenta estereotipos que non compartimos" e tamén pola "explotación" á que se someten os nenos.
No Festival de Eurovisión Júnior 2011, coa intención de aumentar o número de participantes para asegurar a viabilidade do concurso, a UER negociou ata o último momento coas televisións de España, Italia e San Marino. Se ben a RTVE amosou certo interese en participar no certame, España non puido confirmar a súa participación a tempo, polo tanto non puido participar nel. Agardábase que España retornara ao festival en 2014 cunha canle de televisión privada non-membro da UER (Atresmedia ou Mediaset España), sendo esta participación baixo permiso especial do organismo europeo pero problemas burocráticos o impediron.
Participacións
AnoSedeArtistaCanciónLugarPuntos 2025TiflisGonzalo PinillosÉrase una vez (Once Upon a Time)51522024MadridChloe DelaRosaComo la Lola61442023NizaSandra ValeroLOVIU22012022ErevánCarlos HigesSeñorita61372021ParísLevi DíazReír15772020VarsoviaSoleáPalante31332019GliwiceMelani GarcíaMarte3212 2006 Bucarest Dani Fernández Te doy mi voz 4 90 2005 Hasselt Antonio José Te traigo flores 2 146 2004 Lillehammer María Isabel Antes muerta que sencilla 1 171 2003 Copenhaguen Sergio Desde el cielo 2 137
Votacións España deu máis puntos a:
PosiciónPaísPtos. 1 Romanía 40 2 Dinamarca 26 3 Bélxica 22 4 Reino Unido 20 5 Belarús 19
España recibiu máis puntos de: PosiciónPaísPtos. 1 Romanía 40 2 Bélxica 39 3 Grecia 35 4 Suecia 34 5 Chipre 33
12 puntos
España deu 12 puntos a:
Ano País 2003 Dinamarca 2004 Romanía 2005 Romanía 2006 Romanía
Véxase tamén Outros artigos España no Festival de Eurovisión
Categoría:Países participantes no Festival de Eurovisión Júnior