Tony Aubin, nado o 8 de decembro de 1907 en París (Francia) e finado na mesma cidade o 21 de setembro de 1981, foi un compositor e director de orquestra francés. Destacou especialmente polas súas composicións de música para o cine.
Traxectoria miniatura|375px|Clase de composición de Dukas. De esquerda a dereita cerca do piano: Pierre Maillard-Verger, Elsa Barraine, Yvonne Desportes, Tony Aubin, Pierre Revel, Georges Favre, Paul Dukas, René Duclos, Georges Hugon, Maurice Duruflé. Á dereita, sentados: Claude Arrieu, Olivier Messiaen. Tony Aubin naceu o 8 de decembro de 1907 en París (Francia), fillo do avogado Anthony Aubin. Entre 1925 e 1930 estudou teoría da música, contrapunto e orquestración e composición no Conservatorio de París con Samuel Rousseau, Noel Gallon e Philippe Gaubert e Paul Dukas respectivamente. En 1930 gañou o Prix de Rome pola súa cantata Actaeon, o que fixo engalar a súa carreira como compositor nesta década.
Entre 1937 e 1944 foi director artístico de Paris Mondial. En 1945 foi nomeado profesor de composición do Conservatorio de París, sucedendo a Jean Roger-Ducasse no posto que xa ocupara o seu profesor Dukas, permanecendo no carto ata 1977, e contandose entre os seus alumnos a Olivier Alain, Garbis Aprikian, Raynald Arseneault, Jocelyne Binet, Jacques Castérède, Pierre Cochereau, Marius Constant, Ginette Keller, Talivaldis Kenins, Yüksel Koptagel, Ron Nelson, Makoto Shinohara, ou o brigantino Carlos López García-Picos.
Dirixiu numerosas composicións á fronte da Orchestre de la RTF entre 1945 e 1960. En 1952 formou parte do xurado do Festival de Cannes.
Despois da morte da súa primeira muller, Louise Clavius-Marius, casou coa súa alumna Francine Tremblot de la Croix (1938-), compositora e directora artística do Conservatorio de Rueil-Malmaison.
Obra
A súa obra, fortemente influenciadas polo impresionismo de Ravel e Dukas, inclúe sonatas para piano, música de cámara, orquestral, vocal, así como unha importante produción de música radiofónica e cinematográfica.
Composicións para o cine 1941: Le pavillon brûle, de Jacques de Baroncelli 1942: À l'assaut des Aiguilles du Diable, de Marcel Ichac 1943: Les Ailes blanches, de Robert Péguy 1943: Le Corbeau, de Henri-Georges Clouzot 1943: Sondeurs d'abîmes, de Marcel Ichac 1943: Ceux du rivage, de Jacques Séverac 1944: La Collection Ménard, de Bernard Roland 1948: La Belle Meunière, de Marcel Pagnol (adaptation de la musique de Franz Schubert) 1949: La Vie est un rève, de Jacques Séverac 1952: Groenland, 20 000 lieues sur les glaces, de Marcel Ichac e Jean-Jacques Languepin 1952: Victoire sur l'Annapurna, de Marcel Ichac 1962: Dunoyer de Segonzac, documental de Michèle Brabo 1966: Illusions perdues (feuilleton télé), de Maurice Cazeneuve d'après Honoré de Balzac
Premios e recoñecementos Tony Aubin foi elixido membro do Instituto de Francia en 1969, converténdose en presidente da Academia de Belas Artes en 1979. Foi condecorado coa Lexión de Honor, a Orde Nacional do Mérito e a Orde das Artes e as Letras.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Nados en París Categoría:Compositores de Francia