miniatura|Sinal de entrada da reserva. A Reserva das Seis Nacións (ou as Seis Nacións do Gran Río) é a meirande banda das Primeiras Nacións do Canadá cun total de 25.660 membros, dos cales, 12.271 viven na propia reserva. É a única das reservas indias de Norte América que ten seis nacións de iroqueses vivindo xuntas. As nacións da reserva son os mohawk, os cayuga, os onondaga, os oneida, os seneca e os tuscarora. Tamén hai algúns delaware vivindo no territorio.

A reserva das Seis Nacións ten unha área de 190km², que representa aproximadamente o 5% dos 3.800km2 de terras que lles foron concedidas segundo o Tratado de Haldimand de 1784.

Membros As Seis Nacións é a meirande reserva do Canadá. En decembro de 2013, había 25.660 membros, dos cales 12.271 viven na resera. A poboación está conformada das seguintes bandas:

Nación Nome da banda Total Na reserva Iroqueses Bay of Quinte Mohawk 740 326 Tuscarora 2.130 973 Oneida 1.999 758 Onondaga Clear Sky 778 429 Bearfoot Onondaga 601 238 Upper Cayuga 3.503 1.431 Lower Cayuga 3.538 2.213 Konadaha Seneca 533 200 Niharondasa Seneca 368 161 Lower Mohawk 4.016 2.054 Walker Mohawk 485 298 Upper Mohawk 6.018 2.857 Algonquinos Delaware 617 236* total 25.385 12.175

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Graymont, Barbara, The Iroquois in the American Revolution, 1972, ISBN 0-8156-0083-6 Kelsay, Isabel, Joseph Brant 1743-1780 Man of Two Worlds, 1984, ISBN 0-8156-0182-4 Taylor, Alan, The Divided Ground, 2006, ISBN 0-679-45471-3

Ligazóns externas Páxina das Seis Nacións

Categoría:Ontario Categoría:Pobo mohawk Categoría:Pobo onondaga Categoría:Pobo tuscarora