A monometilhidracina (abreviadamente, MMH) é un composto químico líquido incoloro que tende a poñerse amarelo en contacto co aire. É tóxico e volátil e reacciona co dióxido de carbono e o osíxeno. Ten un olor similar ao do amoníaco. É miscible con auga, hidracina e alcohois de baixo peso molecular. É máis estable que a hidracina durante os incrementos de temperatura e ten unha estabilidade similar á hidracina durante a oxidación catalítica.

A MMH utilízase como propelente en motores de naves en órbita, sendo máis densa que a UDMH (dimetilhidracina asimétrica) e tendo un rendemento algo mellor.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hidracina Dimetilhidracina asimétrica

Categoría:Compostos químicos Categoría:Propelentes