Pocoyó é unha serie de animación infantil española creada por David Cantolla, Colmán López, Luis Gallego e Guillermo García Carsi. Está producida por Zinkia Entertaiment e distribuída por ITV Global, sendo as dúas primeiras tempadas coproducidas con Granada Kids, e a primeira tempada foi coproducida con Cosgrove Hall Films, ámbalas dúas do Reino Unido. Foron producidas catro tempadas con 52 episodios de 7 minutos de duración. O actor inglés Stephen Fry é o narrador na versión en lingua inglesa das dúas primeiras tempadas, metres que Stephen Hughes narra a terceira tempada, chamada Let's Go Pocoyo, e a cuarta. José María del Río narra a versión en castelán. En 2016, creouse un novo show spinoff da serie chamado Pocoyo Planet.

O 12 de outubro de 2022, a quinta tempada foi confirmada para mediados de 2023 para conmemorar o 20 aniversario de Pocoyó. Esa tempada tivo novos personaxes, como a irmá menor de Pocoyo, Pocoyina. Por primeira vez, cinco dos episodios mesturan a animación con acción en vivo.

Sinopse O mundo de Pocoyó é un escenario 3D, cun plano branco e sen fondo de cores. Toda a serie é creada co software Softimage XSI. Narra as aventuras dun neno en idade preescolar chamado Pocoyó, o cal está descubrindo o mundo e interactuando con el. Acompáñano os seus amigos Pato, Elly, Pajaroto e a súa mascota Loula. Cada capítulo é introducido e conducido por unha voz en off.

Personaxes Personaxes principais Pocoyó: é o protagonista e quen lle dá o nome á serie. É un neno de 4 anos de idade, cunha curiosidade innata polo mundo que o rodea. A principal característica é a felicidade coa que fai absolutamente todo. Viste roupa e gorro azuis. Ama xogar ao aire libre e a súa enorme curiosidade levarao a vivir innumerables aventuras xunto aos seus amigos. Pocoyó estimula a creatividade e a imaxinación dos seus seguidores. Pato: é un pato de 5 anos e é o mellor amigo de Pocoyó. Leva sempre un sombreiro verde. É un pato amarelo, tímido e cauteloso. Non obstante e a pesar de todas as precaucións que toma para que as cousas saian de determinada maneira, nunca lle resultan como el quixera. Pato é un pouco rabudo. Elly:: é unha elefanta rosa de 4 anos de idade, cuxa personalidade afable contrasta coa de Pato. É a máis forte, e axuda os seus compañeiros cando teñen que facer algún esforzo demasiado grande. Elly ten un corazón enorme e sempre responde as preguntas dos demais. Ás veces compórtase como unha sabichona. Gústalle ir en patinete e bailar ballet. Loula (Lula en Hispanoamérica): é unha cadeliña beagle de 7 semanas de idade e é a mascota de Pocoyó. O seu papel limítase a ser iso, unha mascota. Ela sempre está disposta para xogar, aínda que os demais non queiran facelo nese mesmo intre. Pajaroto (Pájaro dormilón en Hispanoamérica): é un paxaro verde de 41 anos. Pásase todo o día durmindo, menos cando dá voltas ó redor do seu espertador.

Personaxes secundarios Pajarito (Pájaro Bebé en Hispanoamérica): é un paxaro que nace dun ovo que coida Pajaroto e que aparece en varias ocasións. Caracterízase por ser máis activo que Pajaroto, nunca dorme. Apareceu por primeira vez La sorpresa de Pajaroto (1x9). O narrador: é o que axuda na serie de Pocoyó, incluso se pregunta a si mesmo e ao espectador para ensinar a Pocoyó. Fred o polbo: é un polbo vermello con 4 tentáculos. Aparece en varios episodios. Vive no fondo do mar con Ballena. Tamén é un Mestre en Xogos Malabares (ensinou a Elly). Ballena: unha silenciona balea que Pocoyó coñeceu debaixo do mar. Aparece por primeira vez no episodio El cumpleaños de Ballena (1x35). Mariposa: unha bolboreta que xoga ás veces con Pocoyó. Os extraterrestres: os simpáticos extraterrestres que Pocoyó coñeceu no espazo cando trataba de atopar o seu avión perdido e ao conseguilo celebraron unha festa. oOrquestra pelota: un grupo de pelotas musicais que tocan a trompeta, o tambor e os pratos. Nenos: son nenos que están co narrador e sempre responden as preguntas do resto de personaxes e que lle deron o nome a Valentina. Flor musical: unha flor que aparece no episodio Regadera Mágica. Bloques musicais: son bloques que se moven coa radio ou con calquera cousa, atrapan a Pato, e Pocoyó divírtese coa música ata que rescata a Pato (esa música ten rock and roll, jazz dos 60 e clásica, a ópera é Die Walküre). A familia Alien: aparece por primeira vez nun capítulo no que o fillo da familia, o alien de cor verde, se perde e Pocoyó atópao. A súa familia aparecerá para levalo de volta ó seu planeta. Arañita (Araña bebé en Hispanoamérica): unha pequena araña azul que naceu dun ovo que Pato coidaba. Cre que Pato é seu pai. Encántalle xogar e faise moi amigo de Pajarito e Valentina. As pelotas da cidade: só aparecen no capítulo Poczilla (2x45). Ao principio asústanse, pero rematan sendo amigos cando Pocoyó e Pato reconstrúen a súa cidade.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2005 Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión do Reino Unido