miniatura|Miniature Card. Miniature Card (Tarxeta Miniatura en galego) ou Mini Card (Tarxeta Mini en galego) é un estándar de tarxeta de memoria flash ou SRAM (RAM síncrona), promovido por Intel no ano 1995 e apoiado por Fujitsu, Advanced Micro Devices e Sharp Electronics. Hoxe en día, ningunha das compañías mencionadas anteriormente a fabrican.

Usos A Miniature Card Card Implementers Forum (MCIF) promoveu este tipo de tarxeta para certos dispositivos concretos, tales como: PDA's, ordenadores de bolso, gravadoras de son dixitais, cámaras dixitais e nos primeiros teléfonos intelixentes. Úsase en dispositivos tales como Philips Velo 500 e CISCO 800 e 1700.

Dimensións A Miniature Card, como o seu nome indica, ten unhas dimensións reducidas 37 × 45 × 3,5 mm de espesor, e pode ter dispositivos en ámbolos dous lados do seu substrato.

Características Ten un conector de 60 pins que era un subconxunto de unicamente memoria de PCMCIA. Contaba con datos de 16 bits. Un bus de direccións de 24 bits. Traballaba a unha voltaxe de 3,3 o 5 voltios. As tarxetas miniatura apoian Attribute Information Structure (AIS) (Atributo Estrutura da Información) na EEPROM identificación I²C. O formato Miniature Card foi competidor das tarxetas SmartMedia e CompactFlash. Tamén se crean durante a década de 1990, e o anterior un tipo máis grande ca as tarxetas de PC. Esta batalla entre ambas as tarxetas foi vencida por CompactFlash e SmartMedia, que tiveron moito máis éxito no mercado da electrónica de consumo, provocando así un déficit nas Mini Card's, o cal terminou coa finalización da súa fabricación.

Categoría:Dispositivos de almacenamento