O Campionato de Galicia da Serie B foi a segunda división do Campionato de Galicia de fútbol entre 1919 e 1940. Estaba situada por debaixo da Serie A (máxima categoría do país) e por riba da Serie C. Entre estas divisións producíanse ascensos e descensos. A organización da competición corría a cargo da Federación Galega de Fútbol. O torneo foi suspendido durante tres tempadas entre 1936 e 1939 por causa da guerra civil.
Para a tempada 1940/41, o Comité Directivo da Federación Española de Fútbol decidiu suprimir de facto todos os campionatos rexionais, agás os canarios, excluíndo de participar nos mesmos aos equipos encadrados no campionato estatal de LigaFederación Española de Fútbol. Anuario 1942. pp. 135—139 e modificando o sistema de clasificación para a Copa de España, que sería outorgada segundo a posición final acadada na propia Liga.Copa del Generalísimo 1941linguasport.com
Campións Temp. Campión1919/20 Alfonso XIII de Vilagarcía1920/21 Comercial F.C.1921/22 Rápido de Bouzas1922/23 Eiriña1923/24 Alfonso XIII de Pontevedra1924/25 Alfonso XIII de Pontevedra1925/26 Deportivo Español1926/27 Emden FC1927/28 Alfonso XIII de Pontevedra Temp. Campión1928/29 Ourense F.C.1929/30 Burgas1930/31 Alondras1931/32 Club Ciosvín1932/33 Deportivo Español1933/34 Ferrol F.C.1934/35 Chao S.C.1935/36 Vigués F.C.1939/40 Compostela S.C.
Palmarés
Pos. Equipo Títulos Anos 1 Alfonso XIII de Pontevedra 3 1923/24, 1924/25, 1927/28 2 Deportivo Español 2 1925/26, 1932/33 3 Alfonso XIII de Vilagarcía 1 1919/20 ... Comercial F.C. 1 1920/21 ... Rápido de Bouzas 1 1921/22 ... Eiriña 1 1922/23 ... Emden FC 1 1926/27 ... Ourense F.C. 1 1928/29 ... Burgas 1 1929/30 ... Alondras 1 1930/31 ... Club Ciosvín 1 1931/32 ... Ferrol F.C. 1 1933/34 ... Chao S.C. 1 1934/35 ... Vigués F.C. 1 1935/36 ... Compostela S.C. 1 1939/40
Notas
Véxase tamén Outros artigos Campionato de Galicia de fútbol