A misión sui iuris de Tokelau (en ) é unha sé da Igrexa Católica Latina, sufragánea da arquidiocese de Samoa-Apia. En 2010 tiña 500 bautizados sobre unha poboación total de 1.440 habitantes. O seu superior eclesiástico actual é Oliver P. Aro.
Territorio A misión sui iuris abrangue o arquipélago de Tokelau. A sé da misión está en Nukunonu, e ten unha única parroquia.
Historia A evanxelización comezou en 1845 polos padres maristas. O territorio de Tokelau pertenceu inicialmente á vigairía apostólica de Oceanía central e posteriormente á vigairía apostólica de Samoa e Tokelau, hoxe arquidiocese de Samoa-Apia.
O 26 de xuño de 1992 a arquidiocese foi dividida, dando orixe á presente misión sui iuris de Tokelau.
Lista dos superiores Patrick Edward O'Connor (26 de xuño de 1992 - maio de 2011, retirado) Oliver Pugoy Aro (6 de maio de 2011 - 2015, renuncia) Alapati Lui Mataeliga (22 de decembro de 2015 - 25 de abril de 2023, finado)
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Categoría:Divisións territoriais católicas en Nova Zelandia Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica latina