O castelo de Grajal de Campos é unha construción militar do XVI situada en Grajal de Campos (provincia de León), sobre os restos doutro castelo anterior do século X. Considéraselle o primeiro castelo artilleiro de España. É un impresionante edificio deseñado polo arquitecto Lorenzo de Aldonza, levada a cabo entre os anos 1517 e 1521, por orde de Hernando de Vega, e finalizado polo seu fillo, Juan de Vega, sexto señor de Grajal de Campos. Ten planta cuadrangular con 4 torres grandes onde se emprazaban os canóns de maior calibre. Está construído sobre un pronunciado noiro. Foi declarado Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931.Patrimonio Histórico de España, Ministerio de Cultura

O castelo foi recheado de terra, e a pesar do seu excelente estado de conservación non foi restaurado.

Historia Nun documento do ano 967 xa se menciona a existencia do castello de Graliare. A actual edificación é unha obra gótica tardía de comezos do século XVI, encargada polo poderoso señor de Grajal, Hernando de Vega Comendador Maior de Castela, Presidente do Consello de Ordes Militares e Conselleiro do Consello da India, cuxo fillo Juan sería Presidente do Consello de Castela e primeiro conde de Grajal. Hernando, temendo a inminente revolta de Castela e de León contra Carlos V, non esperou a aprobación real para levantar a defensa. Cando esta chegou en 1521, o castelo xa estaba concluído.

O castelo seguiu gornecido e artillado nos século XVI e XVII. Cando os condes deixaron de habitar en Grajal a comezos do século XVIII, comezou o declive do edificio.

Entre 1833 e 1900 instalouse un cemiterio ao carón do adarve setentrional.

Características Trátase dun cadrado de 73 metros de lado (88 varas) con catro torres nas esquinas e tres plantas. Antano estaba illado por un foso con ponte levadiza e porterna de entrada, todo iso está actualmente enterrado, sen que se atope onde se achaba exactamente. Segundo un manuscrito do século XVIII, achábase no lado meridional do complexo.

A entrada realízase a través dun portelo que dá acceso a unha escaleira de caracol. O interior da fortaleza áchase enteiramente recheo de terra e está inutilizado. As escaleiras das outras tres torres tamén están inutilizadas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía MARTÍNEZ ENCINAS, Vicente (2010): "El Castillo de Grajal en 1750", en Tierra Camala 40, pp. 4–7.

Ligazóns externas Turismo de León. Castillo de Grajal Vista del castillo del Conde de Grajal Vídeo en YouTube El consistorio presenta a la Junta su plan para restaurar el castillo

Grajal Categoría:Provincia de León