A diocese de Taiohae o Tefenuaenata (en ) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragánea da arquidiocese de Papeete. En 2010 tiña 8.310 bautizados sobre unha poboación total de 9.220 habitantes. O seu bispo actual é Guy André Dominique Marie Chevalier.
Territorio A diocese abrangue as illas Marquesas, na Polinesia Francesa. A sé episcopal é a cidade de Taiohae, na illa de Nuku Hiva, onde está a catedral da Nosa Señora.
O territorio está dividido en 26 parroquias.
Historia O 9 de maio de 1848, coa bula Apostolicae servitutis do papa Pío IX, foi erixida a vigairía apostólica das illas Marquesas, en territorios da vigairía apostólica de Oceanía oriental.
O 21 de xuño de 1966 a vigairía apostólica foi elevada a diocese coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI, e tomou o nome de diocese de Taiohae.
O 31 de maio de 1974 a diocese tomou o nome actual co decreto Summus Pontifex da Congregación para a Evanxelización dos Pobos. Episcopoloxio François Baudichon (9 de maio de 1848 - 1855, renuncia) Ildefonse-René Dordillon (7 de decembro de 1855 - 11 de xaneiro de 1888, finado) Rogatien-Joseph Martin (3 de xuño de 1892 - 27 de maio de 1912, finado) Pierre-Marie-David Le Cadre (30 de decembro de 1920 - 21 de novembro de 1952, finado) Louis-Bertrand Tirilly (16 de novembro de 1953 - 17 de marzo de 1970, renuncia) Hervé-Maria Le Cléac'h (1 de marzo de 1973 - 31 de maio de 1986, renuncia) Guy André Dominique Marie Chevalier (31 de maio de 1986 - 5 de setembro de 2015, retirado) Pascal Chang-Soi (5 de setembro de 2015 - actualidade)
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Categoría:Divisións territoriais católicas en Francia Categoría:Dioceses da Igrexa católica latina