Greggs plc é a meirande cadea de panadería no Reino Unido, con 1.671 tendas. Especialízase en entremeses como unha especie de empanadillas denominadas pasties, bolos con salchichas e emparedados e mais en doces como dónuts e milfollas. A súa sede central está en Newcastle upon Tyne e cotiza na Bolsa de Londres formando parte do FTSE 250.
As primeiras Greggs abriron en 1951, en orixe era unha cadea rexional do Nordeste de Inglaterra que a partir da década de 1970 empezou a adquirir outras cadeas rexionais converténdose desde 1994 na principal cadea de panaderías do país ao aquirir ao seu principal rival, Bakers Oven. Notas
Categoría:Empresas de alimentación Categoría:Empresas do Reino Unido