Janthinobacterium lividum é unha especie de bacterias aerobias, gramnegativas, habitantes do solo, que teñen unha característica cor violeta escura (case negra). Esta cor débese a que produce un composto chamado violaceína, a cal se xera cando se metaboliza o glicerol como fonte de carbono. A violaceína ten propiedades antibióticas antibacterianas, antifúnxicas e mesmo antivirais. As súas propiedades antifúnxicas son de especial interese porque J. lividum se atopa na pel de certos anfibios, como a píntega Plethodon cinereus, na que prevén a infección polo devastador fungo quitridio Batrachochytrium dendrobatidis.Small Things Considered: What You Don't Know About Janthinobacterium
Etimoloxía e sinonimia O nome do xénero, Janthinobacterium, significa en latín "bacteria de cor violeta" (ou violeta-azulada).LPSN Janthinobacterium O nome da especie, lividum, tamén vén do latín e significa "de cor azul ou do chumbo".
Na caixa de datos taxonómicos indícanse os distintos sinónimos con que se foi coñecendo esta bacteria ao longo do tempo. Durante un tempo tivo o sinónimo Chromobacterium violaceum Ford 1927 e despois Leifson 1956, que xa non se usa, e non se debe confundir coa actual bacteria Chromobacterium violaceum, que é unha especie distinta da orde Neisseriales, pero que tamén produce violaceína e ten cor violeta escura.
Notas
Categoría:Burkholderiales