Serebro (do :prata) é un grupo feminino ruso formado polo produtor Maxim Fadeev e composto por Olga Seryabkina, Polina Favorskaya e Dasha Shashina. Serebro formouse en 2007 para propoñelo a Perviy Kanal para o Festival de Eurovisión 2007 e finalmente acabou seleccionada como o representante ruso no Festival coa canción "Song #1". Quedaron en terceiro lugar no concurso, con 207 puntos. Despois Serebro asinou oficialmente contrato coa discográfica de Fadeev Monolit Records. No ano 2009 Marina Lizorkina anunciou a súa marcha do grupo substituída por Anastasia Karpova.

Polo tempo da marcha de Lizorkina a banda realizou o seu álbum de estudio OpiumRoz que recibu recoñecemento da crítica pero non foi un éxito comercial. O segundo álbum Mama Lover tivo non obstante máis éxito, incluía a canción homónima que petou ben nas listas de éxito e foi dobre dobre platino en Rusia, o vídeo musical tivo máis de 20 millóns de visitas en YouTube. Tras o éxito o grupo lanzou Mama Lover no Xapón, co nome de Serebration e co selo EMI Music. O seu primeiro sinxelo internacional, con Ego Music e Universal Music Group, "Mi Mi Mi" foi un éxito nas listas europeas.

Notas

Categoría:Representantes de Rusia en Eurovisión Categoría:Grupos musicais formados en 2007 Categoría:Grupos musicais de Rusia Categoría:Grupos musicais de pop