Israel Puerto Pineda, habitualmente coñecido como Israel, nado o 15 de xuño de 1993 en El Viso del Alcor (Sevilla), é un futbolista profesional español que xoga de defensa central no Racing de Santander. É internacional en todas as categorías inferiores da .
Traxectoria Nado en El Viso del Alcor, Provincia de Sevilla, España, sendo o maior de dous irmáns. Á idade de 12 anos entrou no sistema de categorías inferiores do Sevilla Fútbol Club, ao igual que o seu irmán. Catro anos máis tarde, en 2011, está a piques de abandonar o fútbol por mor dunha doenza cardiovascular, da cal finalmente conseguiu recuperarse por completo.
As seguintes tempadas pasa a formar parte do filial do club sevillista, competindo na Segunda División B. O 10 de marzo de 2013 marca dous goles contra o Arroyo CP nunha vitoria na casa por 3-0 e, o 28 de abril, fai o seu debut oficial co primeiro equipo, saíndo como suplente no minuto 87 por José Antonio Reyes nun partido de Primeira División ante o Real Valladolid que acabaría con empate 1-1. O 2 de xullo de 2014 Israel ficha por outro filial, o Villarreal CF B, tamén en Segunda División B. Chega tamén a debutar co primeiro equipo o 4 de decembro do mesmo ano, esta vez nun encontro da Copa do Rei ante o Cádiz CF, que acabaría con vitoria para o seu equipo por 2-1. O 4 de marzo de 2015 asina co Club Deportivo Lugo da Segunda División até xuño de 2016. A súa contratación fóra do prazo de fichaxes foi permitida pola lesión de longa duración de Jon García.
A nivel internacional, Israel xoga en todas as categorías inferiores da , xogando torneos como a Eurocopa de Liechtenstein 2010 e o Mundial de Turquía 2013.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesSevilla AtléticoSegunda B2010–201160Sevilla AtléticoSegunda B2011–2012220Sevilla AtléticoSegunda B2012–2013333Sevilla FCPrimeira2012–201320Sevilla AtléticoSegunda B2013–2014320Sevilla FCPrimeira2013–201430Villarreal CF BSegunda B2014–2015253CD LugoSegunda2015131CD LugoSegunda2015–2016180
Títulos UEFA Europa League. Sevilla FC (2014)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Israel Puerto en bdfutbol.com Perfil de Israel Puerto en Transfermarkt
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en El Viso del Alcor Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Racing de Santander