David Tecwyn Lloyd, nado en Glan-yr-afon o 22 de outubro de 1914 e finado en Bodelwyddan o 22 de agosto de 1992, foi un educador, crítico literario e escritor galés.
Traxectoria Naceu nunha pequena aldea preto de Corwen, educouse en Bala e graduouse en lingua galesa na Universidade de Bangor en 1938, tras o que comezou a dar clases para adultos primeiro na WEA de varias localidades, época na que foi editor do xornal dedicado ao mundo rural Cefn Gwlad (1941-1946)Obituary: D. Tecwyn Lloyd, The Independent, e despois nunha institución de Harlech ata que en 1956 deixou o ensino, converténdose en director da editorial Hughes a'i Fab e subeditor do periódico Y Cymro . En 1961 pasou ao departamento de extensión universitaria da Universidade de Aberystwtyth baixo a dirección de Alwyn D. Rees e foi editor da revista da Academia Galesa Taliesin entre 1965 e 1987. Nacionalista e socialista, foi membro do Partido Comunista de Gran Bretaña entre 1939 e 1941.Lloyd, David Tecwyn en Dictionary of Welsh Biography Obras Rhyw Ystyr Hud (1944; relatos co sobrenome literario de E.H. Francis Thomas) Erthyglau Beirniadol (1946; crítica literaria) John Saunders Lewis (1988; biografía) Safle'r Gerbydres (1970) Lady Gwladys a Phobl Eraill (1971) Hyd Eithaf y Ddaear (1972; relatos como E.H. Francis Thomas) Bore Da, Lloyd (1980) Cymysgadw (1986)
Notas
Categoría:Nados en 1914 Categoría:Nados en Denbighshire Categoría:Finados en 1992 Categoría:Escritores de Gales Categoría:Escritores en lingua galesa Categoría:Críticos literarios Categoría:Personalidades sen imaxes