Enterococcus avium é unha especie de bacterias do xénero Enterococcus, que se encontra normalmente en aves. En casos raros esta bacteria pode causar infeccións e humanos, e neses casos pode ser resistente á vancomicina, polo que se denomina "Enterococcus avium resistente á vancomicina", abreviado VREA (polas súas siglas en inglés).Enterococcus avium at steadyhealth.com. Consultado o 18 de xullo de 2010. Os casos de VREA en humanos foron tratados con éxito con linezolid.Lee, Prescott P. MD; Donald A. Ferguson, Jr.; John J. Laffan. Vancomycin Resistant Enterococcus avium. Infectious Diseases in Clinical Practice: July 2004 12:4, pp. 239-244. Consultado o 17 de xullo de 2010.
Notas
Categoría:Lactobacillales