Ramón Peña Gil, nado en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 1892 e finado en Pontevedra o 26 de setembro de 1967,El Pueblo Gallego, 28-9-1967, p. 11. foi un debuxante e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de José Peña Meléndez. Emigrou a Arxentina sendo mozo. Foi fundador e director da revista Céltiga de Buenos Aires con Domingo Rial Seijo. Retornado a Pontevedra, foi socio dos irmáns Enrique e Ramón Barreiro na produtora cinematográfica Folk. Despois da guerra ilustrou libros para Ediciones Céltiga e dirixiu Sonata Gallega de Pontevedra. Foi profesor de debuxo do Instituto de Bacharelato de Pontevedra.

Vida persoal Casou con Pilar Vergutín García en 1956.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía San Ildefonso Rodríguez, Beatriz de: "Ramón Peña Gil" en Diccionario Biográfico Español, Real Academia de la Historia . Ligazóns externas Obras de Ramón Peña Gil no Museo de Pontevedra.

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Críticos da arte