Peoria é unha cidade do condado de Peoria en Illinois (Estados Unidos), capital do condado e a meirande cidade situada no río Illinois. Fundouna en 1691 o explorador francés Henri de Tonti, e foi o primeiro asentamento europeo en Illinois, e o seu nome venlle pola tribo Peoria. Segundo o censo de 2010 é a sétima localidade máis poboada do estado cunha poboación de 115.007 e a súa área metropolitana contaba 373.590 habitantes en 2011. Historia O territorio de Peoria localízase no antigo territorio dos indios illinois. En 1680 os exploradores franceses René-Robert Cavelier, Sieur de La Salle e Henri de Tonti levantaron Fort Crèvecœur no que actualmente é a vila de Creve Coeur, a poucos quilómetros de Peoria; aos poucos meses un ataque dos indios iroqueses destruíu o forte. En 1691 Tonti volveu á zona construíndo un novo forte, Fort Pimiteoui, que se converteu nun centro do comercio de peles. En 1763 despois da guerra franco-india o forte converteuse en británico, aínda que os poboadores seguiron a ser principalmente francófonos. En 1778 pasou a ser territorio dos Estados Unidos e pouco despois a poboación mudouse a un novo asentamento no que é hoxe o centro de Peoria, cara 1796 ou 1797 xa non quedaba poboación no antigo asentamento.Ballance, Charles (1870). The History of Peoria, Illinois, pp. 22-23. N.C. Nason. En 1813 o exército norteamericano erixiu un novo forte, Fort Clark. En 1825 organizouse o condado e o nome da vila mudouse para Peoria que organizou a súa corporación municipal, constituíndose así en vila incorporada en 1835 e dez anos despois logrou o rango de cidade. Notas

Categoría:Cidades de Illinois Categoría:Condado de Peoria