Sunny Day Real Estate é o segundo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sunny Day Real Estate, publicado o 7 de novembro de 1995 a través do selo Sub Pop. A discográfica ditribuíuno baixo o título LP2. Debido á súa sinxela portada rosa, adoita a ser coñecido como "The Pink Album".

O álbum foi remasterizado e reeditado en 2009 con temas extra e un novo libreto. As novas cancións son "Spade and Parade" (orixinalmente unha cara b do tema "Friday") e "Bucket of Chicken" (editado como cara b da canción "How It Feels to be Something On").

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Sunny Day Real Estate Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums producidos por Brad Wood Categoría:Álbums de Sub Pop Records