Alexandría de Oxiana ou Alexandría do Oxo foi unha cidade supostamente fundada por Alexandre Magno nas ribeiras do río Oxo (río Amu Daria), na súa confluencia co Kokcha, e ás portas da India. Foi un dos focos do helenismo en Oriente durante case dous séculos ata a súa aniquilación por invasores nómades contra o ano 145 a. C., data probable da morte do monarca grecobactriano Eucrátides I.miniatura|250px|Ai-Khanoum está no extremo oriental da antiga Bactria.|esquerdaCorrespóndese coa actual cidade de Ai-Khanoum ou Ay Khanum (literalmente “Dama Lúa” na lingua uzbeka), situada no nordeste de Afganistán na provincia de Kondoz, preto da fronteira de Tadjiikistán. A cidade foi escavada por arqueólogos franceses e rusos entre os anos 1964 e 1978. A escavación foi dirixida por Paul Bernard, quen suspendeu os traballos pola Guerra de Afganistán. Durante a contenda, o lugar arqueolóxico foi parte da fronte bélica, o cal produciu danos, ós cales se sumaron outros, de maior importancia, causados polos saqueos, que deixaron unicamente uns poucos restos do material orixinal.

Categoría:Cidades da Grecia Antiga Categoría:Sitios arqueolóxicos da Grecia Antiga Categoría:Historia de Afganistán