Xoán X Iasixi (en , Yuwhana Yasixy), nado en Latakia (Siria) o 25 de febreiro de 1940, é o Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 17 de decembro de 2012, e polo tanto cabeza da Igrexa Ortodoxa de Antioquía. Traxectoria Naceu o 1 de xaneiro de 1955 en Latakia, na República Siria, nunha familia de cristiáns gregos de Antioquía. O seu pai, Muna Iasixi, era profesor de lingua árabe e orixinario da vila de Marmarita; a súa nai, Rusa Musi era de Trípoli, no Líbano. Estudou Enxeñaría civil na Universidade de Tixrin, e posteriormente graduouse en Teoloxía en 1978 pola Universidade de Balamand; ao ano seguinte, en 1979, foi ordenado diácono. Posteriormente continuou os seus estudos teolóxicos, centrándose na liturxia, na Universidade Aristóteles de Tesalónica, graduándose en 1983; nese mesmo ano foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Latakia Yuhana Mansur.
Entre 1981 e 2008, foi profesor de liturxia no seminario de Balamand, e entre 1989 e 1992 reitor do seminario, repetindo como reitor entre 2001 e 2005. O 24 de xaneiro de 1995 foi consagrado como bispo vigairo de Al-Husn. Logo da súa consgración, traballou para revivir o mosteiro patriarcal de san Xurxo, exercendo tamén como abade do mosteiro entre 1995 e 2002. O 17 de xuño de 2008 foi elixido metropolitano de Europa Occidental e Central.
Logo do pasamento de Ignacio IV, foi elixido patriarca na sesión extraordinaria do Santo Sínodo de Antioquía o 17 de decembro de 2012.
Notas
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados na gobernación de Latakia Categoría:Bispos ortodoxos de Siria Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa de Antioquía Categoría:Patriarcas ortodoxos gregos de Antioquía