Erysipelothrix é un xénero de bacterias que contén tres especies.Verbarg, S., et al. (2004). Erysipelothrix inopinata sp. nov., isolated in the course of sterile filtration of vegetable peptone broth, and description of Erysipelotrichaceae fam. nov. IJSEM 54(1) 221-25. A característica distintiva de Erysipelothrix é a presenza dunha parede celular grampositiva de tipo B, na cal a ponte peptídica do peptidoglicano fórmase entre aminoácidos situados nas posicións 2 e 4 de cadeas peptídicas adxacentes, en lugar do que ocorre na maioría das bacterias, que o forman entre aminoácidos nas posicións 3 e 4."

A especie mellor coñecida é Erysipelothrix rhusiopathiae, que causa erisipelas en porcos e outras doenzas en animais. As outras dúas especies aparentemente non son patóxenas. e Erysipelothrix inopinata describiuse en 2004. Estas dúas últimas especies foron illadas de tonsilas de porcos sans. Estableceuse a nova familia Erysipelotrichidae para clasificar nela este xénero.

Estas bacterias son grampositivas. Porén, poden confundirse con bacterias gramnegativas durante as análises porque perden facilmente a súa tinguidura de Cristal violeta. Non son ácido-alcohol resistentes. Son bacilos finos, inmóbiles. Son rectos ou lixeiramente curvados e poden aparecer longos e filamentosos. As célula aparecen soas, en pares con forma de V, ou formando curtas cadeas. Son aeróbicas ou anaerobias facultativas.Stackebrandt, E., et al. (2006). The Genus Erysipelothrix. Prokaryotes 4 492-510.

Notas

Categoría:Firmicutes