Oranjestad (; literalmente cidade "laranxa") é a capital e maior cidade de Aruba. Oranjestad atópase na costa sur, cerca do extremo occidental do país insular. No idioma local, papiamento, Oranjestad chámase a miúdo simplemente "Playa". En 2010 a poboación da capital estímase en pouco menos de 30.000 habitantes.http://population-of.com/en/Aruba/00/Oranjestad/
Historia A cidade desenvolveuse ao redor de Fort Zoutman pouco despois da súa construción en 1796. Inicialmente a cidade non tiña nome oficial, sendo coñecida só como a cidade na baía de Cabalos (Paardenbaai en holandés), por ser o lugar onde se criaban os cabalos que se exportaban á veciña Curazao. A cidade foi desde entón a capital da illa.
A cidade leva o nome do primeiro rei Willem van Oranje-Nassau (Guillerme de Orange-Nassau), o primeiro herdeiro da holandesa Casa de Orange. O nome foi conferido á cidade na década de 1820 cando o interese en Aruba aumentou debido ao descubrimento de depósitos (aluviais) de ouro.
Air Aruba tivo a súa sede en Oranjestad.World Airline Directory. Flight International. March 17–23, 1999. "46.. Aire Aruba suspendeu as súas operacións o 23 de outubro de 2000.Overview. Air Aruba. March 2, 2001. Retrieved on October 6, 2009.
Ata que pechou en marzo de 2014 Tiara Air tiña a súa sede en Oranjestad."Contact." Tiara Air. March 2, 2009. Retrieved on March 23, 2014. "Sabana Blanco 70E, Suite 11 Oranjestad Aruba "
Xeografía Pequenas partes da cidade están asentadas sobre unha serie de terras gañadas ao mar. Actualmente, o Renaissance Marketplace (Antigamente Seaport Marketplace, mercado do porto), así como o cércano Queen Wilhelmina Park, atópanse dentro desta expansión.
Demografía
Clima
Cultura miniatura|Arquitectura Colonial neerlandesa en 2004 miniatura|upright|A nova igrexa protestante en 2004
Atópase algunha arquitectura colonial neerlandesa. Debido ao crecente interese do goberno no mantemento do patrimonio cultural da illa, unha serie de edificios antigos e casas no centro da cidade transformáronse en puntos de referencia coloridamente restaurados, como o Rexistro Civil de cor lima en Wilhelminastraat.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Capitais de América Categoría:Aruba