Mathurin Jacques Brisson, nado o 30 de abril de 1723 en Fontenay-le-Comte, Baixo Poitou, Francia (hoxe no departamento da Vendée), e finado o 23 de xuño de 1806 en Croissy, cerca de Versailles, foi un zoólogo e filósofo francés, membro da Academia das Ciencias de Francia.
Traxectoria Brisson estudou de 1737 a 1738 na escola de Fontenay e preparou un bacharelto de teoloxía en Poitiers. Pero non estaba destinado a facer unha vida ordenado e, grazas ao seu parentesco con R. A. F. de Réaumur (1683-1757), do que foi axudante, dedicouse ao estudo da historia natural. As súas principais obras nesta etapa foron Le Règne animal (1756) e Ornithologie (1760).
Foi profesor de filosofía natural (o que hoxe se coñece como física) no Colexio de Navarra de París, e entrou na Academia das Ciencias de Francia en 1759. Foi conservador do gabinete de curiosidades de Réaumur. Desexando competir coa Histoire naturelle de Buffon (1707-1788), emprende a publicación dunha grande obra zoolóxica. Traduce Le Système du Règne animal de Jakob Theodor Klein (1685-1759) en 1756, pero foi sobre todo a súa Ornithologie a que supuxo unha etapa importante no estudo científico das aves. Esta obra apareceu antes da Histoire naturelle des oyseaux de Buffon.
A comezos do ano 1806 sofre un severo ataque de apoplexía. A súa memoria quedou tan afectada que esqueceu falar en francés, recordando unicamente unhas poucas palabras do seu idioma materno, o poitevino. Pouco máis tarde, o 23 de xuño, morreu en Croissy, cerca de Versalles.
Principais obras Regnum animale in classes IX distributum sive Synopsis methodica. Haak, París, Leiden 1756–1762 Ornithologia sive Synopsis methodica sistens avium divisionem in ordines, sectiones, genera, species, ipsarumque varietates. Bauche, París, Leiden 1760–1763 Supplementum Ornithologiæ sive Citationes, descriptionesque antea omissæ & species de novo adjectæ, ad suaquaque genera redactæ. París 1760 Lettres de deux Espagnols sur les manufactures. Vergera 1769 Dictionnaire raisonné de physique. Thou, París 1781–1800 Observations sur les nouvelles découvertes aërostatiques. Lamy, París 1784 Pesanteur spécifique des corps. Ouvrage utile à Histoire Naturelle, à la Physique, aux Arts & au Commerce. l'imprimerie royale, París 1787 Traité élémentaire ou Principes de physique. Moutard & Bossange, París 1789–1803 Trattato elementare ovvero Principi di fisica. Grazioli, Florenz 1791 Die spezifischen Gewichte der Körper. Leipzig 1795 Suplemento al Diccionario universal de física. Cano, Madrid 1796–1802 Principes élémentaires de l'histoire naturelle et chymique des substances minérales. París 1797 Anfangsgründe der Naturgeschichte und Chemie der Mineralien. Mainz 1799 Instruction sur les nouveaux poids et mesures. París 1799 Elémens ou Principes physico-chymiques. Bossange, París 1800 Elements of the natural history and chymical analysis of mineral substances. Ritchie, Walker, Vernor & Hood, Londres 1800 Tratado elemental ó principios de física. Madrid 1803–1804
Abreviatura A abreviatura Brisson emprégase para indicar a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
Bibliografía Jean Dhombres (dir.) (1995): Aventures scientifiques. Savants en Poitou-Charentes du XVIe au XXe siècle. Poitiers, Francia: Les éditions de l’Actualité Poitou-Charentes. ISBN 2-911320-00-X. Michael Walters (2003): A Concise History of Ornithology. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-300-09073-0.
Ligazóns externas Ornithologie ou méthode contenant la division des oiseaux. Mathurin Jacques Brisson, 1760. En AREHN (Agence régionale de l'environement de Haute-Normandie Consultada o 23 de marzo de 2014.
Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Científicos de Francia Categoría:Filósofos de Francia Categoría:Nados no departamento de Vendée Categoría:Nados en 1723 Categoría:Finados en 1806 Categoría:Ornitólogos de Francia