Lara Cardella, nada en Licata (provincia de Agrigento) o 13 de novembro de 1969, é unha escritora siciliana.

Traxectoria En 1989 publicou a novela Volevo i pantaloni, con trazos autobiográficos. Nela describe as vivencias dunha rapaza adolescente na Sicilia machista da década de 1980. A novela foi traducida a diversas linguas e adaptada ao cinema con dirección de Maurizio Ponzi. En 1995 publicou a continuación da obra, Volevo i pantaloni 2.

En 1991 publicou Intorno a Laura, a medio camiño entre a novela e o drama teatral. Na obra Finestre accese (2000) trata, entre outros, o tema da mafia.

Obra Volevo i pantaloni (1989). ISBN 88-04-32506-2 Intorno a Laura (1991). ISBN 88-04-34960-3 Fedra se ne va (1992). ISBN 88-04-35971-4 Una ragazza normale (1994). ISBN 88-04-38151-5 Volevo i pantaloni 2 (1995). ISBN 88-04-40416-7 Detesto il soft (1997). ISBN 88-17-66108-2 Finestre accese (2000). ISBN 88-17-21101-X 131 km/h (2012). ISBN 88-7899-508-8 Io non farò rumore (2013). ISBN 88-7899-570-3

Véxase tamén Bibliografía La Magna, F. (2010): Lo schermo trema. Letteratura siciliana e cinema. Reggio Calabria: Città del Sole Edizioni. ISBN 978-88-7351-353-7

Categoría:Nados na provincia de Agrigento Categoría:Nados en 1969 Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Personalidades sen imaxes