Macbriare Samuel Lanyon "Mac" DeMarco (nado como Vernor Winfield Macbriare Smith IV), nado o 30 de abril de 1990 en Duncan, Columbia Británica, é un cantante, compositor, multiinstrumentista e produtor canadense. É coñecido sobre todo pola súa carreira en solitario, coa que xa leva publicados seis álbums. O seu estilo foi descrito como "blue wave" ou “slacker rock”, ou segundo o propio DeMarco ''jizz jazz''.
Comezou a gravar e presentarse baixo o nome de Makeout Videotape, lanzando o álbum Ying Yang en 2010. Ó ano seguinte múdase a Montreal e comeza a súa carraira en solista co nome de Mac DeMarco.
DeMarco leva publicados cinco álbums de estudio ata a data: a súa estrea 2 (2012), Salad Days (2014), This Old Dog (2017), Here Comes the Cowboy (2019), e Five Easy Hot Dogs (2023). Tamén editou os mini-álbums Rock and Roll Night Club en 2012 e Another One en 2015, ademais do álbum recompilatorio One Wayne G en 2023.
Discografía
Como Mac DeMarco
Álbums de estudio Álbum Ano Selo Rock and Roll Night Club 2012 Captured Tracks 2 2012 Captured Tracks Salad Days 2014 Captured Tracks Another One 2015 Captured Tracks This Old Dog 2017 Captured Tracks, Royal Mountain Records Here Comes the Cowboy 2019 Mac's Record Label, Caroline Distribution Five Easy Hot Dogs 2023 Mac's Record Label Guitar 2025 Mac's Record Label
Maquetas 2 Demos (2012) Salad Days Demos (2014) Some Other Ones (2015) Another (Demo) One (2016)
Con Makeout Videotape
Álbums de estudio Ying Yang (2010)
EPs Heat Wave (2009) Eating Like A Kid (2010) Bossa Yeye (2010) Weird Meats EP (2010)
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados na Columbia Británica Categoría:Vocalistas Categoría:Multiinstrumentistas